Calendario
Info da proba

Muros

06/05/2018 11:30 - 13:30
Regulamento IX Carreira do Espíritu Santo



Data: Domingo 06 de Maio do 2018.
Hora: As 11:30 carreira absoluta, a partir das 12:15 categorias menores.
Lugar: No lugar de Campo de cortes, concello de Muros.
Distancia: 8000 metros.
Inscrición: Ata o 3 de Maio. Ver no regulamento.
Organiza: A.C.R.D "O Rumial".


DESCRIPCIÓN
A A.C.R.D "O Rumial", coa colaboración do concello de Muros, organiza a IX Carreira Popular do Espiritu Santo, o domingo 6 de Maio no lugar de Campo de Cortes, en Muros.

RECORRIDO
A proba na categoría absoluta contará cun recorrido de 8000 metros, que discorrerá por pistas forestais e asfalto.
O recorrido nesta categoría, estará marcado en cada kilómetro.

INSCRICIÓN
Na páxina web de Championchipnorte.com, ata o xoves 3 de Maio, facendo constar, nome e apelidos, data de nacemento, DNI, localidade de procedencia, e clube en caso de telo.
A carreira é SOLIDARIA e GRATUITA PARA TÓDOLOS CORREDORES.
O precio da inscrición será de alo menos un kilo de comida non perecedeira que se entregara no momento de recollida do dorsal. A comida que se recolla será doada na sede de "Caritas" en Muros.
Poderase retirar os dorsais ata 30 minutos antes do inicio da carreira.
Todas as persoas que non aparezan o xoves día 3 de Maio nos listados definitivo da web, non estarán debidamente inscritas.

CATEGORÍAS E PREMIOS
- Chupetes, de 0 a 3 anos: (80m)
Medallas para tódolos participantes.

- Benxamíns, de 4 a 6 anos : (300m)
Medallas para tódolos participantes.

- Alevíns, de 7 a 9 anos: (450m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes.

- Infantís, de 10 a 12 anos: (600m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes.

- Cadetes, de 13 a 15 anos: (1200m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes.

- Absoluta, atletas de 16 anos ou máis. (8000m)

Trofeos para os tres primeiros clasficados/as.

- Veterano A: Atletas entre 36 e 45 anos.(8000m)
Trofeos para o primeiro clasficado, e medallas para o segundo e terceiro clasificados.

- Veterano B: Atletas entre 46 e 55 anos. (8000m). Trofeo para o primeiro clasificado, e medallas para o segundo e terceiro clasificados.

-Veterano C: Atletas de 56 anos ou máis. (8000m).
Trofeo para o primeiro clasificado, e medallas para o segundo e terceiro clasificados.

Haberá unha andaina paralela non competitiva co obxetivo de recoller máis alimentos, que conta cunha distancia de 3000 metros.

-A inscrición nesta proba deportiva conleva a aceptación de todo este regulamento.

- A organización contará ca colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico.

- Será obligatorio lucir o dorsal tal como o facilita a organización. Tamén se deberá portar o chip debidamente atado nos cordóns das zapatillas.

- Será motivo de descalificación correr sen dorsal ou sen chip.

- O rematar a proba haberá un completo avituallamento para tódolos participantes.

- Haberá servizo de duchas no pavillón municipal de "Miraflores".

- Autorizase a organización para a utilización de calquera imaxe obtida durante a proba.

- Dado o espírito deportivo da proba non se admitirán reclamacións.

- Tódolos participantes debidamente inscritos, estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil, e un seguro de accidentes .

- A organización da proba reservase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.