Calendario
Info da proba

Marín- Pinga

26/11/2017 10:15 - 13:00
Regulamento VIII PINGA-PINGA (26 NOVEMBRO 2017): Proba Oficial da Federación Galega de Atletismo con distancia non homologada.
Co obxectivo de dinamizar o deporte na zona do Morrazo, máis en concreto no Concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium convoca a 8ª edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada na Parroquia de San Tomé de Piñeiro.

REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.

Normativa:
A) A saída darase no campo de futbol de Santomé "Chan de Piñeiro", ao igual ca chegada.

Ojo morado A clasificación será absoluta.

C) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización.

D) Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. O incumprimento desta norma suporá a eliminación do atleta acompañado.

E) O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

F) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.

G) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización.

H) TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGACIÓN DE ENTREGAR O CHIP DE CRONOMETRAXE Ó FINALIZAR A PROBA.

I) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.

J) A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

K) Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

2.- HORARIOS E LUGARES.
Data: domingo, 26 de novembro de 2017
Lugar: Campo de fútbol San Tomé de Piñeiro (Marín)

II ANDAINA (DESDE A IDADE DE 5 ANOS o percorrido longo) ANTES DA CARREIRA DE MAIORES: HORA DA ANDAINA AS 10:15

CATEGORIAS

CATEGORÍAS DE MENORES:
BENXAMÍNS (SUB 10):
Hora: 12:05
Benxamíns = 2009/2010
Percorrido: 500 mts aprox.

ALEVÍNS (SUB 12):
Hora: 11:55
Idade: Alevíns =2007/2008
Percorrido: 750 mts aprox.

SUB 14 e SUB 16:
Hora: 11:30
Idade: Engloba Infantis/Cadetes = 2003/2004/2005/2006
Percorrido: 2.000 m – unha volta pequena.

CHUPETES/PITUFOS
Hora: A partir 12:15h
Idade: Chupetes: nados no 2014 e posteriores / Pitufos: nados no 2011-2012-2013
Percorrido: Chupetes: 100mts aprox (12:20) / Pitufos: 250mts aprox (12:15).

MAIORES (CATEGORIA ABSOLUTA):
Hora: 10:30h
Percorrido: 7.300m – tres voltas.
Idade: a partir de 15 anos.
Engloba Xuvenil, Xunior e Promesa: De 1996 a 2002
Senior: 1995 e anteriores (ata veteranos)
Master Vet A: De 35 a 44 anos
Master Vet B: De 45 a 54 anos
Master Vet C: maiores de 54 anos

3.- INSCRICIÓNS
CHUPETES E MENORES: Recomendase mediante o formulario que se habilitará na web www.cronotec.es
MAIORES: Encargarase www.cronotec.es das inscricións, dorsais, chips e resultados da categoría Absoluta (Categoría Adultos). AS INSCRIPCIÓNS ATA 22 NOVEMBRO. A inscrición dos adultos serán 5€ (4+1 € A FAVOR DA AECC- Asociación Española contra o Cancro.


4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1 Volta pequena)
PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas).

5.- PREMIOS: ENTREGA PREMIOS 12:45 APROX.
CHUPETES: Medallas para todos os participantes.
MENORES: Os 3 primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo.
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3 primeiros da categoría absoluta. Estes levan o premio da Absoluta.
Trofeo para o primeiro e primeira atleta de Marín.

Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios en metálico:
ABSOLUTA MASCULINO
1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo

ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo


OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

6.- AGASALLOS
Camiseta técnica para os 250 primeiros inscritos na categoría absoluta, avituallamento para todos os participantes e regalos para os máis pequenos (MEDALLAS,etc)

Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM, O CONCELLO E A DEPUTACIÓN de Pontevedra, en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro