Calendario
Info da proba

Villalba

19/08/2017 20:30
Regulamento III EDICIÓN “ NOCTURNA SAN RAMÓN”
CARREIRA POPULAR
VILALBA ANO 2017
O Clube Atletismo Vilalba organiza a terceira edición da Carreira-Andaina Nocturna
San Ramón, correspondente ao ano 2017. O evento terá unha duración aproximada de 3.5
horas dende as 20.30 h da tarde, ata as 12h da noite do 19 de agosto de 2017.
Na proba absoluta será de uso obrigatorio o chip de cronometraxe fornecida pola
organización, exceptuando os propietarios do chip amarelo que utilizarán o seu. O dorsal debe
estar colocado visiblemente na parte dianteira do corredor/a, sen sufrir manipulación algunha.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables de danos morais ou
materiais que a si mesmos ou outras persoas ocasionen os participantes das carreiras.
A proba celébrase no núcleo urbano, polas distintas rúas de Vilalba, sendo a saída e a
chegada, na Praza da Constitución para todas as categorías. As categorías divídense en dous
bloques:
CATEGORÍA MENORES. (as probas darán comezo ás 20.30 h cos máis
pequenos e sairán de xeito consecutivo):
CATEGORÍA +5--------------------nados/as entre 2012 y 2011 (ambos incluídos)
CATEGORÍA +7--------------------nados/as entre 2010 y 2008 (ambos incluídos)
CATEGORÍA +10------------------nados/as entre 2007 y 2005 (ambos incluídos)
CATEGORÍA +13------------------nados/as entre 2004 y 2002 (ambos incluídos)
PERCORRIDOS:
Categoría + 5 ------------------250 metros (aproximadamente)
Categoría + 7 ------------------600 metros (aproximadamente)
Categoría + 10 -----------------900 metros (aproximadamente)
Categoría +13 -----------------1600metros (aproximadamente)
CATEGORÍA + 5 (250m)
Saída da Praza da Constitución → Rúa de Galicia → Rúa de Xosé María Chao Ledo e
volta á meta por Rúa dos Pepes.
CATEGORÍA +7 (600m)
Saída da Praza da Constitución → Rúa de Galicia → Rúa Xosé María Chao Ledo →
Aparcadoiro Subterráneo → Rúa Novo Cazón → Rúa Luis González Valdesuso, e volta
por Rúa Basanta Silva.
CATEGORÍA +10 (900m)
Saída da Praza da Constitución → Rúa da Pravia → Rúa Campo de Ponte y volta á meta
por Rúa Basanta Silva.
CATEGORÍA +13 (1600m)
Saída da Praza da Constitución → Rúa da Pravia → Rúa Campo de Ponte → Rúa de
Muras → Rúa de Foz, volta á meta por Rúa Basanta Silva.
CARREIRA ABSOLUTA. (5000 m. aproximadamente) Para corredores nados
en 2001 e anteriores e sen límite de idade.
PERCORRIDO: Saída ás 22.00 horas da Praza da Constitución →Rúa Galicia → Rúa
Nova → Praza de San Xoan → Rúa Roxeira → Praza Coronel Pena → Rúa Valeriano
Valdesuso → Praza Sta. María → Rúa Porta de Cima → Rúa As Pontes → Rúa Cidade
de Vivero → Rúa Castelao → Campo Redondo ata inmediacións Polígono Industrial
Sete Pontes, onde se realizará un xiro de 180 grados para retornar por Campo
Redondo → cruzar Rúa Campo de Ponte →Rúa Muras → Rúa Cospeito → Rúa da
Revolta → Rúa Ribadeo → Rúa Basanta Silva e meta na Praza da Constitución.
CATEGORÍA ABSOLUTA
ANDAINA. (2,400 m. aproximadamente)
PERCORRID0: Saída (a continuación da carreira absoluta) da Praza da Constitución → Rúa
de Galicia → Rúa Nova → Praza San Xoan → Rúa Mato Vizoso → Rúa da Pedra → Rúa Pepe
Guntín → Rúa Plácido Peña → Rúa das Pontes → Rúa Pta. Cima → Rúa García Mato →
Praza Suso Gayoso →
Praza da
Constitución.
ANDAINA
INSCRICIÓNS.
Dous xeitos de facer as inscricións:
1. INSCRICIÓNS “EN LIÑA” na páxina web de CHAMPION CHIP NORTE
www.championchipnorte.com
Poderanse facer ata o mércores 16 de agosto (incluído), para todas as
categorías infantís, andaina e adultos.
2. INSCRIPCIÓN PRESENCIAL dende o 24 de xullo de 2017, e ata o mércores 16 de
agosto (incluído) en:
- Oficina de Deportes do Concello de Vilalba en horario de 9 a 13:30 h.
- Tenda de deportes MoveT, sita en rúa Benxamín Paz 7 Baixo, 27800 Vilalba (Lugo),
en horario comercial.
PRECIOS DE INSCRICIÓN:
As categorías infantís serán gratuítas, os participantes destas categorías,
poderán participar ademais na Andaina (co mesmo dorsal que nas carreiras) sen
necesidade de volver inscribirse.
A Andaina terá un custo de 1 euro.
A Carreira Absoluta terá un custo de 3 euros (máis aluguer do chip quen non o teña
en propiedade).
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE:
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (19 de
agosto de 2017) dende as 17:30h nos mostradores da Praza da Constitución ata as
20:00h.
PREMIOS CATEGORÍAS MENORES:
 Medalla de participación para todos os nenos das categorías +5, +7.
 Categorías:
-1º/1ª CLASIFICADO/A ------------TROFEO.
-2º/2ª CLASIFICADO/A ------------TROFEO.
-3º/3ª CLASIFICADO/A ------------TROFEO.
PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA:
-1º/1ª CLASIFICADO/A -----------------------TROFEO.
-2º/2ª CLASIFICADO/A -----------------------TROFEO.
-3º/3ª CLASIFICADO/A -----------------------TROFEO.
-1º/1ª CLASIFICADO/A VILALBÉS ----------TROFEO.
-2º/2ª CLASIFICADO/A VILALBÉS-----------TROFEO.
-3º/3ª CLASIFICADO/A VILALBÉS-----------TROFEO.
Todos os participantes con dorsal poderán degustar unha CHURRASCADA FINAL
na Praza da Constitución (deberase presentar o vale, que será entregado co dorsal,
para tal fin).
INFORMACIÓN DE INTERESE:
-GARDARROUPA: Todos os corredores poderán facer uso do servicio de gardarroupa
habilitado pola organización.
-DUCHAS: Rematada a proba estarán a disposición dos participantes as duchas dos
vestiarios do Pavillón Municipal de Deportes sito no Campo da Feira.
-AVITUALLAMENTO : Ó remate das probas haberá zona de avituallamento para mitigar
o cansazo.
-APARCADOIROS: Zona de aparcadoiro no Campo da Feira, Rúa Benxamín Paz, Rúa
Abadín e Rúa Guitiriz.