Calendario
Info da proba

Trazo

25/02/2017 11:00 - 13:30
Regulamento II CARREIRA PEDESTRE DE DISFRACES, 25 DE FEBREIRO
DE 2017 ÁS 11:00 HS.
REGULAMENTO DA PROBA
ANTECEDENTES E FILOSOFÍA DA PROBA
O Concello de Trazo organiza coa colaboración da Federación Galega de Atletismo esta proba, que
ten un carácter lúdico e intenta promocionar a saúde co divertimento no Entroido.
É imprescindible vir disfrazados.
Esta proba ten un carácter popular, non profesional, na que pode participar todo o que desexe.
PROBA GRATUITA PARA TOD@S, maiores e pequen@s.
LUGAR DE SAÍDA:
Ao carón do Concello de
Trazo. CATEGORÍAS
CATEGORÍA IDADES
BIBERON 5/6 ANOS (AMBOS INCLUÍDOS)
PREBENXAMIN/BENXAMIN 7/10 ANOS (AMBOS INCLUÍDOS)
ALEVIN/INFANTIL 11/14 ANOS (AMBOS INCLUÍDOS)
CADETE/SENIOR 15 ANOS EN ADIANTE
HORARIOS
HORARIO CATEGORÍAS DISTANCIA
11:00 H BIBERÓN (MASC. E FEM. XUNTOS) 200 m
11.20 H PREBENXAMIN/BENXAMIN (MASC. E FEM. SEPARADOS) 400 m
11.40 H ALEVIN/INFANTIL (MASC. E FEM. SEPARADOS) 400 M
12 H CADETE/SENIOR (MASC. E FEM. XUNTOS) 1,5 km
13:30 H ENTREGA DE PREMIOS
A partir das 11:00 hs abrirase Secretaría da proba para a retirada de dorsais.
INSCRICIÓNS
As inscricións tanto na categoría de maiores como nas probas dos/as pequenos/as é
gratuita. A data límite de inscrición para a proba de maiores é o XOVES, 23 de febreiro ás
24:00.
Para inscribirse nas carreiras pode realizarase na páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com, ou no propio Concello, sendo necesario en todos os casos aportar os
seguintes datos:
Nome e apelidos, data de nacemento, NIF con letra, localidade, federado ou non email de
contacto e teléfono.
Non hai límite de participantes.
RETIRADA DE DORSAIS
O mesmo día da proba, ata media hora antes do comezo de cada carreira.
CONTROL DE CHEGADA
O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo.
Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente ao Xuíz Árbitro, non máis tarde de 30 minutos
despois de publicados os resultados oficiais.
A o largo do recorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos.
As clasificacións de todas as probas poñeranse no tablón de resultados o remate de cada proba.
AVITUALLAMENTO O FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
O final de cada proba entregarase @s deportistas bebida, froita…
O Servizo de duchas no Pavillón Municipal
PREMIOS
Recibirán medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas da carreira de maiores e de
pequenos.
Recibirán un premio especial os mellores disfraces en ambas carreiras. Premiarase os disfraces máis
arriscados, máis orixinais e máis elaborados xulgados por un xurado.
SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL
Tod@s @s participantes inscrit@s estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes
(licencia ou licencia de día) e responsabilidade civil concertada por o Concello de Trazo. Estarán
excluidos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,…
Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no que se
desenvolve a proba.
Todo o non recollido no presente Reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF.