Calendario
Info da proba

Padrón 10K

18/02/2017 16:00 - 19:00
Regulamento X CAMPIONATO DE GALICIA 10 KM. EN RUTA 2017
PADRÓN 10K 2017


A Concellería de Deportes de Padrón organiza o sábado 18 de febreiro de 2017 a partir das 16:00 horas, o PADRÓN 10K 2017 (XV Carreira Popular Concello de Padrón) que será a súa vez Campionato de Galicia Absoluto e das categorias Junior, Promesa e veteranos de 10 km en Ruta 2017.



A proba absoluta se disputará sobre unha distancia de 10 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). As probas levaranse a cabo na localidade de Padrón (A Coruña) e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). As probas estarán suxeitas o seguinte:

REGULAMENTO 1. PARTICIPACIÓN:
Na carreira popular poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. Para o Campionato de Galicia de 10 km en ruta deberase estar en posesión da licenza federativa en vigor. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.

2. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN:
Para o PADRÓN 10K 2017 as categorías de competición serán as seguintes:

CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO - Atletas nados no 2013 e posteriores*
PREBENXAMÍN - Atletas nados nos anos 2010, 2011 e 2012*
BENXAMÍN - atletas nados no 2008 e 2009
ALEVÍN - atletas nados no 2006 e 2007
INFANTIL - atletas nados no 2004 e 2005
CADETE - atletas nados no 2002 e 2003
XUVENIL - atletas nados no 2000 e 2001
JUNIOR - atletas nados no 1998 e 1999
PROMESA - atletas nados no 1995, 1996 e 1997
SENIOR - atletas nados entre 1982 e 1994
VETERANOS A - atletas nados entre 1971 e 1981
VETERANOS B - atletas nados entre 1961 e 1970
VETERANOS C - atletas nados en 1960 e anteriores
VETERANAS A - atletas nadas entre 1971 e 1981
VETERANAS B - atletas nadas en 1970 e anteriores
* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas

Para o Campionato Galego de 10 km en ruta tomaranse como referencia as categorías contempladas nos regulamentos da FGA e RFEA para probas en ruta que se publicarán de xeito previo á proba na circular do campionato nas webs www.atletismogalego.org e www.fgatletismo.es/santiago.

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
O percorrido da proba absoluta estará homologado pola RFEA e as marcas entrarán a formar parte do ranking galego e nacional da distancia de 10 km en ruta. A SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS ESTARÁ SITUADA NO CAMPO DO SOUTO. Na proba absoluta haberá caixóns de saída dependendo das marcas realizadas na distancia (só en probas homologadas).
O percorrido da proba absoluta estará indicado, controlado e sinalizado cada kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
16:00 h PITUFOS / 200 m aprox.
16:10 h PREBENXAMÍN / 500 m aprox.
16:20 h BENXAMÍN / 500 m aprox.
16:30 h ALEVÍN / 1000 m aprox.
16:45 h INFANTIL – CADETE / 3300 m aprox.
17:30 h.XUVENIL / 5 km homologados pola RFEA (1 volta circuíto Grande)
17:30 h.JUNIOR / PROMESA / SENIOR e VETERÁ / 10 km homologados pola RFEA (2 voltas circuíto Grande) 1
8:45 h ENTREGA DE PREMIOS PROBAS ESCOLARES (AUDITORIO MUNICIPAL)
19:30 h ENTREGA DE PREMIOS PROBA ADULTOS E CAMPIONATO DE GALICIA (AUDITORIO MUNICIPAL)

4. INSCRICIÓNS
As inscricións da carreira popular en todas as súas categorías realizaranse a través da web www.emesports.es cubrindo o formulario de inscrición.
O prazo de inscrición para a carreira popular rematará o mércores 15 de febreiro ás 23:59 horas.

PREZO DA INSCRICIÓN
- Categorías escolares (ata cadetes): Gratuita
- Adultos (de xuvenil a veterán): 6 €

Non se aceptarán inscricións fora de prazo nin o día da carreira, con datos incompletos ou sen todos os datos obrigatorios, os cales serán: nome e apelidos, data de nacemento, teléfono e correo electrónico de contacto (se o ten), localidade de procedencia, provincia, colexio ou clube co que participa e número de licencia federativa ou seguro escolar (se a/o ten). Os atletas participantes na proba absoluta deberán indicar a marca en 10 km homologados na presente tempada ou na anterior.
As inscricións para o Campionato de Galicia de 10 km en ruta deberán realizarse a través do sistema online da Federación Española de Atletismo. Link: https://isis.rfea.es/sirfea2 .
Teléfono de información: 654 28 56 92 (De martes a Vernes de 09:00 a 15:00)

NOTA IMPORTANTE: Os atletas con licencia federativa que se inscriban no Campionato de Galicia de 10 km en ruta e desexen optar aos premios e agasallos da carreira popular (trofeos, premios en metálico e agasallos) deberán formalizar tamén a súa inscrición na páxina web www.emesports.es . Deberán facer, a maiores da inscrición na web da FGA, a inscrición na carreira popular a través da páxina web www.emesports.es (é dicir, dúas inscripción).

5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL a carón do Centro Social (Campo do Souto) en horario de 11:30 a 13:00 horas (recomendable); tamén poderán recollerse a partir das 15:00 horas ata media hora antes do inicio de cada proba.
O dorsal outorgado pola organización deberá levarse colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.

CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA

DESCUALIFICACIÓNS: Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA em vigor referentes a probas en ruta, será descualificado a criterio do xuiz arbitro da competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUIZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN cun prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

6. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS
Os atletas inscritos no Campionato de Galicia de 10 km en ruta que non se inscriban na carreira popular non poderán optar a estes premios.
PADRÓN 10K 2017 (Carreira popular)

Recibirán trofeo:
- Os/as 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo e tamén os/as tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
- O/a 1º/ª corredor/a local.
- Trofeo Participación, ao colexio/clube con máis corredores inscritos que finalizen a proba.
- Trofeo Benxamín, ao corredor ou corredora de menor idade. Que finalice a proba.
- Trofeo Superveterán, ao corredor de maior idade que finalice a proba.
- Trofeo Superveterana, á corredora de maior idade que finalice a proba.
- Tódolos/as participantes nas probas escolares recibirán unha medalla conmemorativa.
- PREMIO ESPECIAL TERMAS DE CUNTIS: 3 invitacións para 2 persoas ao Aquaform do Balneario de Cuntis aos 3 primeiros/as clasificados/as da xeral absoluta.

PREMIOS EN METÁLICO DA PROBA ABSOLUTA (só para a carreira popular)
PREMIOS INDIVIDUAIS
Categoría masculina

› 1º Clasificado: 250 €
› 2º Clasificado: 175 €
› 3º Clasificado: 100 €
› Postos 4º ó 10º: 30 €
› Postos 11º ó 20º: 20 €
› Postos 21º ó 30º: 10 €

Categoría feminina
› 1ª Clasificada: 250 €
› 2ª Clasificada: 175 €
› 3ª Clasificada: 100 €
› Postos 4ª a 10ª: 30 €
› Postos 11ª a 20ª: 20 €
› Postos 21ª ó 30ª: 10 €

PREMIOS A CLUBES
Categoría masculina
› 1º equipo clasificado: 200 €
› 2º equipo clasificado: 150 €
› 3º equipo clasificado: 100 €

Categoría feminina
› 1º equipo clasificado: 200 €
› 2º equipo clasificado: 150 €
› 3º equipo clasificado: 100 €

A clasificación por clubes na categoría masculina será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente.
A clasificación por clubes na categoría feminina será establecida a través das 6 primeiras corredoras en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique a súa 6ª componente.

Os clubes poderán ser masculinos ou femeninos, pero non poderán ser mixtos.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METÁLICO, que terán que remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente ó correo FGAsantiago@gmail.com no prazo de inscrición da proba absoluta. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

O PAGAMENTO DOS PREMIOS EN METÁLICO REALIZARASE POR TRANSFERENCIA BANCARIA, PARA O CAL É OBRIGATORIO, UNHA VEZ QUE REMATEN AS PROBAS, QUE OS ATLETAS E CLUBES PREMIADOS SE ACHEGUEN Ó AUDITORIO MUNICIPAL (ZONA DE RETIRADA DE DORSAIS) E CUBRAN UN DOCUMENTO COS DATOS REQUERIDOS (PRESENTACIÓN DO DNI OU DOCUMENTO ACREDITATIVO DA IDENTIDADE, ENTIDADE BANCARIA, Nº DE CONTA, DOMICILIO E TLF DE CONTACTO).

Os premios en metálico estarán suxeitos as correspondentes retencións legais.
Entregarase un agasallo conmemorativo da proba a cada participante, tanto escolar como absoluta, ata fin de existencias.

7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
A participación de atletas extranxieros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordo co disposto no artiglo 3.4. do "Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre” da tempada 2017-2018.

Máis información de esta norma en:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03_reglamento_comp.pdf

Haberá servizo de duchas no Polideportivo do Souto (só para homes) e no Polideportivo Grupo Escolar (para homes e mulleres).
O horario de apertura de ambos será de 15:30 h–19:30 h.

Os horarios das saídas poderán ser modificados, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes en cada proba.

 Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordó co Regulamento da FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.

DEREITOS DE IMAXE: O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación etc.).
Todos os dereitos de imaxe, pertencen á organización ou organizador (Concello de Padrón).

 Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
www.carreirasgalegas.com
www.emesports.es
www.atletismogalego.org
www.fgatletismo.es/santiago/
www.correrengalicia.org