Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Lalín
29/01/2017
11:00 - 13:00
Voltar
Regulamento
VII Carreira do Cocido, Lalín
Data:
domingo, 29 de xaneiro de 2017.
Hora:
a partir das 10:30 h.
Lugar:
saída e chegada na rúa Luís González Taboada, detrás da Iglesia.
Distancia:
de 100 a 10.000 m.
Organiza:
Club de Atletismo Deza e o Concello de Lalín.
Inscrición:
en
Emesports
.
/ Comenta a Carreira do Cocido 2017 no foro
O Club de Atletismo Deza e o Concello de Lalín, organizan o domingo 29 de Xaneiro de 2017, a partir das 10:30 horas, a VII Carreira Pedestre do COCIDO con saída e chegada na rúa Luís González Taboada (xusto detrás da Iglesia). As probas contarán co control técnico de Eme Events e estarán suxeitas ao seguinte regulamento:
1. Poderá participar toda persoa que o desexe, a partires dos 3 anos de idade.
2.
CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN:
Masculina e Feminina excepto a Chupete e Pitufo que será Mixta.
- *CHUPETE: nados no 2012 e posteriores.
- *PITUFOS: nados no -2010-2011.
- BENXAMÍN: nados no 2008-2009.
- ALEVÍN: nados no 2006-2007
- INFANTIL: nados no 2004-2005
- CADETE: nados no 2002-2003
- XUVENIL: nados no 2000-2001
- XUNIOR: nados no 1998-99
- PROMESA: nado no 1995-96-97
- SENIOR: nados no 1994 ata veterano.
- VETERAN: a partir de 35 e agrupados de 10 en 10 anos
* As categorías chupete e pitufo non son categorías federativas
* Todos os atletas teñen vestiarios e duchas a súa disposición no Lalín Arena.
3.
HORARIOS e DISTANCIAS:
11:00 h ABSOLUTA-XUVENIL/JUNIOR-PROMESA-SENIORVETERANS (10.000 metros) unha volta o CIRCUITO GRANDE
11:05 h INFANTIL, CADETE (1.800 metros). Duas voltas o recorrido
11:20 h ALEVÍN (800 metros).
11:30 h BENXAMÍN (800 metros).
12:00 h PITUFO (200 metros).
12:10 h CUPETE (100 metros).
12:30 h ENTREGA DE TROFEOS ATA A CATEGORIA CADETE INCLUIDA.
13:00 h ENTREGA DE TROFEOS, RESTO DE CATEGORIAS
4.
INSCRIPCIONS CARREIRA:
A inscrición da carreira e de 6€ a partir da categoría xuvenil (incluída) o resto dos rapaces/as e totalmente gratuíto.
Neste prezo vai incluído o aluguer do chip, que se devolvera o remate da carreira nos puntos indicados.
- A inscrición realizarase a través da plataforma de internet de: www.emesports.es
- A inscripción na proba pecharease as 23:30 do día 26 de xaneiro
5.
PREMIOS e OBSEQUIOS
Os trofeos non serán acumulativos. Se entregará:
- Trofeo aos 3 primeiros homes e mulleres, da carreira ABSOLUTA.
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.
- Trofeo ao mellor atleta local da categoría sénior, (sempre e cando non este entre os 3 primeiros).
- Trofeo ao atleta de maior idade, tanto feminino como masculino.
- Bebidas e froita e demais agasallos, ao termino de cada proba.
- Obsequio especial “Embutidos Lalinense”, aos primeiros atletas masculino e feminino da carreira Absoluta e mellor clasificado local, tamén da absoluta e o
corredor mais veterano (masculino ou feminino)
6.
SAÍDA - META:
Rúa Luís González Taboada
7.
DORSAIS:
A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría, colocando o dorsal no seu peito de forma visible para a súa identificación durante a proba e a chegada. O feito de non levalo dará lugar á descalificación do corredor.
8.
RECOLLIDA
do dorsal farase dende o día anterior no Lalín Arena de 17:00 a 20:00 ou mesmo día, dende 1 h antes do comezo de cada proba.
9.
CHIP
: os atletas, dende benxamín , estarán ademais, identificados a través dun chip que se entregará en aluguer a cada corredor e que deberán colocar
nas zapatillas antes da saída. Chegar a meta sen chip, será obxeto de descalificación. Todos os participantes teñen a OBRIGA de devolvelo ao
finalizar a proba nos puntos sinalados o pasar a meta.
10.
CONTROIS
: O longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa
algunha irregularidade.
11. Avituallamento: entregarase auga no km 5 da carreira absoluta.
12. Dado o carácter estritamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
13. O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.
RECORDAMOS A TODOS OS ATLETAS QUE TEMOS VESTUARIOS E DUCHAS NO LALIN ARENA A VOSA DISPOSICIÓN.
/ Comenta a Carreira do Cocido 2017 no foro
Voltar