Calendario
Ver carrera

CorreSAN Campus Sur

25/05/2013 19:00 - 21:30

[ Go Back ]

Descripción
CorreSan Campus SUR, Santiago de Compostela
II Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago

Data: sábado, 25 de maio de 2013.
Hora:
Carreira benxamín - alevín: 19:00 h
Carreira infantil - cadete: 19:15 h
Carreira xuvenil ata veteráns: 19:45 h
Lugar: Campus Sur.
Distancia: ata 5.745 m.
Organiza: Concello de Santiago e delegación en Santiago da FGA.
Inscrición: Ver no regulamento.



:: Comenta o CorreSAN 2013 neste tema do foro ::


REGULAMENTO XERAL

A segunda edición do circuíto de carreiras CorreSAN constará de 5 probas que se disputarán nos meses de maio, xuño, xullo, setembro e outubro de 2013.
En cada proba haberá un percorrido para escolares das categorías benxamín e alevín, un percorrido para infantil e cadete e outro para adultos a partir da categoría xuvenil. As probas comezarán de xeito habitual polas probas de escolares e rematarán coa disputa da proba de adultos. Os horarios das carreiras serán comunicados na semana anterior á disputa das mesmas.
Todas as probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Coa intención de que o deporte e neste caso o atletismo sexa un elemento integrador, este ano faranse dúas probas para atletas discapacitados. Categorías Masculino e Feminino (Adultos e escolares). Estas serán a primeira ( Corre San, Campus Sur) e a derradeira (Corre San, Cidade da Cultura). As inscricións para estes participantes realizarase in situ o día da proba.
Poranse a disposición dos atletas duchas nas diferentes instalación deportivas municipais do Concello. Estas comunicaranse a través da web da federación de atletismo, da web de deportes do Concello de Santiago e dos diferentes medios de comunicación durante a semana da carreira.


CATEGORIAS DE PARTICIPACION

As categorías de participación serán as seguintes:
BENXAMIN anos 2004 e 2005
ALEVIN anos 2002 e 2003
INFANTIL anos 2000 e 2001
CADETE anos 1998 e 1999
XUVENIL anos 1996 e 1997
JUNIOR anos 1994 e 1995
PROMESA anos 1991, 1992 e 1993
SENIOR entre 1990 e 1979
VETERANOS/AS A entre 1978 e 1968
VETERANOS/AS B entre 1967 e 1956
VETERANOS/AS C en 1955 e anteriores
E= Escolares (benxamín, alevín, infantil, e cadete)
A= Adultos (dende xuvenil a veteranos)
CLASIFICACIONS

En cada proba establecerase unha clasificación por orde de chegada. Os participantes no circuito levarán un número de puntos inverso ao posto obtido en cada carreira, do xeito que o primeiro clasificado terá un número de puntos igual ao posto do último clasificado e así sucesivamente. A participación poderá realizarse en cada proba de xeito individual ou participando nas cinco probas do circuíto.
Haberá unha clasificación de cada carreira e unha xeral do circuíto en cada categoría, que será modificada despois de cada xornada.


CALENDARIO DE PROBAS E CIRCUÍTOS

As probas celebraranse nas datas que se expoñen a continuación. Os circuítos serán expostos nos días previos á celebración da carreira nas páxinas web
www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org.

DATA PROBA DISTANCIA
25 de maio CORRESAN CAMPUS SUR 1505 m (E1) 3140 m (E2) 5745 m (A)
22 de xuño CORRESAN CAMPUS NORTE 1300 m (E1) 1965 m (E2) 5895 m (A)
13 de xullo CORRESAN NOCTURNA CIDADE VELLA 910 m (E1) 2300 m (E2) 4500 m (A)
14 de setembro CORRESAN CENTRO COMERCIAL COMPOSTELA 1145 m (E1) 2165 m (E2) 4330 m (A)
13 de outubro CORRESAN Cidade da Cultura 1645 m (E1) 2520 m (E2) 5900 m (A)
__________________________________________________________
E1= ESCOLARES Ben-Alev A= ADULTOS
E2= ESCOLARES Inf-Cad

INSCRICIONS

INSCRICION INDIVIDUAL: A inscrición nas 5 probas do circuíto (opción recomendable), tanto para escolares como para adultos, poderán realizala a través das seguintes vías:

− PRESENCIAIS

Deberán rellenar o formulario de inscrición no lugar e presentar a copia do xustificante de ingreso da cota de inscrición na conta da Federación Galega de Atletismo de La Caixa nº 2100 1453 21 0200219859 indicando no concepto o nome e apelidos do atleta participante.

A inscrición presencial poderase realizar nos seguintes sitios:
 Departamento de Deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés-Hipercor) de luns a sábados de 10 a 22 horas.
 Multiusos Fontes do Sar de luns a sábados de 09:00 a 20.00 horas.
 Complexo Deportivo de Santa Isabel e luns a sábados de 09:00 a 20.00 horas.
− ONLINE:

A través das páxinas web www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org.

INSCRICION POR CLUBES FEDERADOS E CENTROS ESCOLARES
Todos os clubes federados, tanto de adultos (de xuvenil en adiante) como de atletas escolares e centros escolares (categorías benxamín, alevín, infantil e cadete) que desexen entrar nos premios outorgados a eles deberán remitir un correo electrónico á dirección inscricionsFGAsantiago@gmail.com indicando a súa intención de tomar parte nesta clasificación e adxuntando o listado dos atletas que comporán o clube ou o centro escolar. Ditos atletas deberán ser tido inscritos individualmente e de xeito previo o inicio das probas.

PREZOS DE INSCRICION
- ESCOLARES GRATUITA
- ADULTOS:
 Xeral nas 5 probas do circuíto+San Silveste: 20 €
 Inscrición individual por proba: 5 €

Coa inscrición xeral no circuíto recibirán unha camiseta técnica coa que poderán participar nas 5 probas e que poderán recoller no Departamento de Deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés-Hipercor). Tamén quedará aboada a inscrición da San Silvestre de Santiago de Compostela, proba a celebrar o 31 de decembro .
Os atletas que se inscriban individualmente en cada proba NON PERCIBIRAN CAMISETA POLA SUA PARTICIPACION.
A camiseta do circuito e o dorsal dos participantes no circuito poderán recollelos os días 24 e 25 de maio ata as 17 horas (antes do comenzo da 1ª proba) no Departamento de Deportes do Centro Comercial Compostela-Hipercor. O dorsal empregarase para as 5 probas e deberá conservarse axeitadamente.
Os participantes de cada proba individual que non se inscribiran no circuito só recollerán o dorsal na zona de saída de cada proba.
CALENDARIO DE INSCRICIONS
A inscrición xeral no circuito CorreSan (5 probas+San Silvestre) abrirá o venres 3 de maio e pechará o lunes 20 de maio ás 22 horas.

A inscrición individual en cada proba do circuito terá o seguinte calendario de inscricións:
CorreSan Campus Sur - Inscrición do 21 ao 23 de maio
CorreSan Campus Norte - Inscrición do 12 ao 19 de xuño
CorreSan Cidade Vella - Inscrición do 03 ao 10 de xullo
CorreSan Centro Comercial Compostela - Inscrición do 04 ao 11 de setembro
CorreSan Cidade da Cultura - Inscrición do 02 ao 10 de outubro

PREMIOS

Os premios ó circuíto serán entregados nos días posteriores á conclusión da derradeira proba no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés-Hipercor).
Outorgaranse premio aos 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento.
Tamén se entregará premio especial aos 3 primeiros clasificados das clasificacións xerais de escolares e de adultos.
Os 3 centros escolares e clubs que acheguen máis participantes á categoría de escolares percibirán premio especial (imprescindible cubrir o formulario previo de inscrición).
Os 3 clubs que acheguen máis participantes á categoría de adultos tamén percibirán premios especiais á conclusión do circuíto(imprescindible cubrir o formulario previo de inscrición).



:: Comenta o CorreSAN 2013 neste tema do foro ::

[ Go Back ]