Calendario
Info da proba

O Porriño

23/09/2012 10:00 - 13:00
Regulamento
I Budiñotrail, O Porriño

Data: domingo, 23 de setembro de 2012.
Hora: 10:00 h.
Lugar: Centro Cultural A Forma de Budiño, O Porriño.
Coordenadas da saída para o GPS: 42º 07' 07.75'' N; 8º 36' 22.61'' O
Distancia: 19.000 m.
Organiza: Asociación Deportiva A Forna.
Inscrición: ata o 19 de setembro de 2012 ás 20:00 h.
mail: aforna_ad@hotmail.es / Teléfono: 691 162 321
Prezo federados (Montañismo): 6 euros
Prezo non federados: 10 euros
Límite participantes: 200
Web: Asociación Deportiva A Forna (plano, perfil, inscricións...)



:: Participa no foro de carreiras de Montaña ::


REGULAMENTO PARA A PARTICIPACIÓN NO I budiñotrail 2012

1. Saída ás 10 da mañán do Centro Cultural A Forna de Budiño. Tódolos participantes teñen que aterse ós horarios e lugares de partida reflectidos na información xeral, debendo retirar os dorsais alomenos 15 minutos antes da saída.

2. A proba discorrera sobre un recorrido aproximado de 19 Km no entorno do Faro de Budiño, acumulando un desnivel duns 800 metros. Trátase dun recorrido circular de alta esixencia física con dificultade técnica media que alternará varios tipos de terrenos e firmes.

3. Para poder participar hai que ter cumpridos 18 años , cun máximo de 200 participantes por rigoroso orde de inscrición. Establécense as seguintes categorías con premios para os tres primeiros de cada unha delas:
- Sénior masculina (18 a 39 años)
- Veteranos masculina (máis de 39 años)
- Absoluta feminina

4. O prazo para realizar as inscricións termina o mércores 19 de setembro. Hai que facelas por correo electrónico ó enderezo: aforna_ad@hotmail.es, indicando nome, apelidos, data de nacemento, dni e número de teléfono. Hai que adxuntar ó correo unha copia do xustificante de pago e da licencia polo reverso se a persoa é federada (montañismo). A organización resérvase o dereito de aumentar o prazo e o límite de inscritos.

5. O importe da inscrición é de 6 euros para federados e de 10 euros para non federados. Os participantes teñen dereito a seguro, duchas, ambulancia e 3 avituallamentos en carreira. O pago realízase na conta bancaria: 2100 4370 52 0200028834 de La Caixa, O porriño; indicando no concepto do pago o nome e apelidos e o número do DNI da persoa que se inscribe.

6. O recorrido estará sinalizado con anacos de cinta de plástico de cor vermella e branca, flechas e persoal da organización. É obrigatorio atender as indicacións do persoal situados nos puntos estratéxicos da ruta.

7. Existirán 3 puntos de avituallamento . O 1º y 3º coinciden no mesmo lugar e será líquido. O 2º estará situado na metade da carreira e será líquido-sólido.

8. O límite máximo para o paso polo segundo control de avituallamento queda establecido nas 12:00 horas. Os 'Corredores Escoba' ou o responsable de cada control teñen potestade para retirar da proba a calquera corredor se o tempo en carreira ou o seu estado de saúde o aconsella.

9. Quedarán descualificados corredores que non cumprán o presente regulamento, no completen a totalidade do recorrido, deterioren ou ensucien o entorno, non leven o dorsal visible ou desatendan as indicacións da organización.

10. A organización resérvase o dereito a realizar modificacións do presente regulamento en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas non foran as adecuadas.

11. Os participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces. Asimesmo, e obrigatorio respetar a marcha de persoas que poidan ir camiñando polas sendas e camiños polos que discorre o trail.

12. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos que se perdan ou deterioren. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.

Programa 1º Budiñotrail 2012
9:00 a 9:45 horas – Recollida de dorsais
10:00 horas – Saída da proba
12:00 horas –Chegada estimada dos primeiros corredores
13:00 horas - Peche de control
13:05 horas – Entrega de premios

Como chegar
Enderezo: Centro Cultural a Forna. Vacaria nº 53. Budiño. 36475 O Porriño
Posición GPS : 42º 07’ 08’’ N 8º 36’ 22’’ W

Accesos ó Centro Cultural A FORNA :
Tomando como inicio O Porriño, collemos a autovía A-55 dirección Tui-Portugal e a 2 quilómetros collemos a saída 18b en dirección Salceda de Caselas-Salvaterra (PO-510). Na primeira rotonda tomamos a primeira saída á dereita, dirección Salceda de Caselas-Salvaterra, para atopar outra rotonda a 50 metros, na que continuamos de fronte pola estrada principal (PO-510). A dous quilómetros destas rotondas, xusto ó lado dunha empresa de recambios de neumáticos ‘First Stop’ collemos un desvío á esquerda que indica Centro Cultural A Forna. Pasadas 3 curvas, tomamos o primeiro o cruce á dereita. Xa estamos no lugar da saída.


:: Participa no foro de carreiras de Montaña ::