Calendario
Ver carrera

Ribadeo

09/09/2012 11:30

[ Go Back ]

Descripción V Carreira Popular Monte de Santa Cruz.(RIBADEO).

-O Club Atletismo Ribadeo organiza a V Carreira popular Monte de Santa Cruz, o domingo 9 de Setembro de 2012 a partir das 11:30.
A distancia total da proba absoluta será de 8300m.
(dúas voltas a un circuíto de 4150 m) no Monte de Santa Cruz (Ribadeo).

-Os dorsais e chips da carreira absoluta poderanse retirar o día da Carreira, no Monte de Santa Cruz, na Casa da Ría ata media hora antes das probas.
(Para casos especiais poñerse en contacto coa organización).
OS PROPIETARIOS DE CHIP AMARELO PRÉGASE TRAELO.

-Dependendo da distancia na que se participe a inscrición poderá realizarse:
a)INSCRICIÓN PARA NENOS: (80m e 1000m) poderá formalizar a inscrición por correo electrónico :
E-MAIL ( atletismoribadeo@atletismoribadeo.com ), aportando os seguintes datos: Nome, data de nacemento, Sexo, Localidade, Teléfono de contacto e Club (se o ten).
b)INSCRICIÓN CARREIRA ABSOLUTA: (8300m) a través da paxina web: (www.championchipnorte.com) aportando os seguintes datos obrigatorios: Nome, DNI, Apelidos, Data de nacemento, Sexo, Localidade, Teléfono, talla de camiseta e club ( se o ten).

Non se admitirán inscricións fora de prazo, nin tampouco o mesmo día da proba. A inscrición non se completará se non se segue os pasos fixados na web e se non se figura nos listados de preinscritos. O PRAZO de inscrición pecharase o xoves día 6 de Setembro as 24 horas para todas as categorías.

-Haberá servizo de duchas no lugar designado pola organización.

-PREZO da INSCRICIÓN.
1. Inscrición Nenos/as: GRATUITA
2. Inscrición Carreira Absoluta:
-Propietarios Chip Amarelo Championchip: 4€.
-Corredores sen Chip amarelo Championchip 5€: 4€ de dereitos de inscrición + 1,00€ en concepto de aluguer do chip.

PREMIOS,TROFEOS E MEDALLAS.

- A entrega de premios de todas as carreiras será o remate da proba absoluta.
- Entregaranse trofeos os tres primeiros clasificad@s da proba absoluta. E un xamón o primeiro home e a primeira muller da carreira absoluta.
Os premios son acumulativos cos das categorías correspondentes.
- Categorías: entregaranse trofeos os tres primeiros clasificad@s de cada categoría.
Nas categorías de nenos os primeir@s clasificados levarán trofeo e agasallo. Os segund@s e terceir@s levarán diploma e agasallo.
Entregarase una medalla a tod@s os nenos participantes.
-Trofeo para os tres primeiros equipos, puntuarán os catro primeiros atletas de cada equipo.
-Trofeo para primeir@ ribadense, nados no Concello de Ribadeo, acreditarase ca presentación do DNI no momento da entrega dos trofeos.
-Entregarase os que rematen a proba absoluta unha camiseta conmemorativa ata fin de existencias e o final teremos unhos pinchos para todos os que nos queiran acompañar e faremos un sorteo entre a xente que remate a carreira de agasallos.

DISTANCIAS,CATEGORIAS E HORARIOS DAS PROBAS:

CATEGORIA DE NEN@S
-CATEGORIA PITUFOS: ( Nados no 2006 e posteriores): 80 metros –----- 11.30 h
-CATEGORIA PREBENXAMIN: ( 2004-2005): ------------350 metros
-CATEGORIA BENXAMIN: (2002-2003): -----------------700 metros
-CATEGORIA ALEVIN: (2000-2001): ---------------------900 metros
-CATEGORIA INFANTIL: (1998-1999): -----------------1000 metros
-CATEGORIA CADETE: (1996-1997): -------------------1000 metros

CATEGORIA ABSOLUTA:
-CATEGORIA XUVENIL (1993-1995)------------------ 8300 metros --------- 12.30 h.
-CATEGORIA SENIOR (1978-1992)------------------- 8300 metros
-CATEGORIA VETERANOS A (1967-1977)------------ 8300 metros
-CATEGORIA VETERANOS B (1956-1966) ----------- 8300 metros
-CATEGORIA VETERANOS C (1955 en diante) ------ 8300 metros

En todas as categorías haberá dúas clasificacións, homes e mulleres.

A organización non se fai responsable dos posibles danos morais, persoais ou económicos derivados na participación nesta carreira popular.

[ Go Back ]