Calendario
Info da proba

O Couto

26/05/2012 21:00 - 23:00
Regulamento
Carreira do Couto, Ourense
II Circuíto de Carreiras Correndo por Ourense

Data: sábado, 26 de maio de 2012.
Hora:
21:00 h - Pitufos
21:10 h - Benxamín, alevín
21:15 h - Infantil e cadete
21:30 h - Xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos
Lugar: Barrio de O Couto. Saída e meta ao final da rúa Remedios.
Distancia: ata 5.700 m (3 voltas)
SAIDA-META Rúa Remedios, Dalí, el Greco, Remedios, Murillo, Ervedelo, Velázquez, Remedios, Prego de Oliver, Ervedelo, Juan de Anges, Remedios.
Organiza: Consello Municipal de Deportes.
Inscrición: en Championchip Norte
Web: Concello de Ourense





:: Segue a proba do Couto no foro ::


Dorsais/chips: Na secretaría da competición (zona de saída/meta) o día da proba, dende as 19:30 ata as 20:30 horas.
Vestiarios: Pavillón dos Remedios

REGULAMENTO XERAL
O Consello Municipal de Deportes organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, do Club Esprintes Ourense, da Delegación Ourensana de Atletismo, do Club Ourense Atletismo Academia Postal, da asociación A Troya, do Club Deportivo Aurum e da Asociación de Veciños Carlasca, o II Circuíto de Carreiras Populares de Ourense "Correndo por Ourense" en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

1. O Circuíto "Correndo por Ourense" está integrado por 6 carreiras.
NÚM. DATA HORA NOME
1ª DOMINGO 22/04/2012 12:00 CARREIRA DO VINTEÚN
2ª SÁBADO 26/05/2012 21:00 CARREIRA DO COUTO
3ª SÁBADO 30/06/2012 21:00 CARREIRA NOCTURNA DE CORPUS
4ª VENRES 27/07/2012 21:00 CARREIRA DA PONTE
5ª DOMINGO 30/09/2012 12:00 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
6ª DOMINGO 28/10/2012 12:00 CARREIRA DA CARBALLEIRA

2. É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.

3. A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado, de maneira que os que teñan menos puntos serán os primeiros clasificados/as.

4. As categorías son as seguintes:
PITUFOS 2006 E POSTERIORES PROMESA 1990 / 1991 / 1992
BENXAMÍN 2003 / 2004 / 2005 SENIOR 1989 E ANTERIORES ATA VETERANOS
ALEVÍN 2001 / 2002 VETERANOS A DE 35 A 44 anos
INFANTIL 1999 / 2000 VETERANOS B DE 45 A 54 anos
CADETE 1997 / 1998 VETERANOS C DE 55 A 44 anos
JUVENIL 1995 / 1996 VETERANOS D MAIORES DE 65
JUNIOR 1993 / 1994 ABSOLUTA

5. Poderán participar atletas federados e non federados.

6. Estas probas pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).

7. O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.

8. O prazo para inscribirse en cada carreira remata 72 horas antes do seu comezo agás os pitufos, que poderán inscribirse de forma anticipada ou ata 30 minutos antes do comezo da proba.

NÚM. DATA HORA NOME INSCRICIÓN
1ª DOMINGO 22/04/2012 12:00 CARREIRA DO VINTEÚN Do 9 ó 19 de abril
2ª SÁBADO 26/05/2012 21:00 CARREIRA DO COUTO Do 14 ó 23 de maio
3ª SÁBADO 30/06/2012 21:00 CARREIRA NOCTURNA DE CORPUS Do 18 ó 27 de xuño
4ª VENRES 27/07/2012 21:00 CARREIRA DA PONTE Do 16 ó 24 de xullo
5ª DOMINGO 30/09/2012 12:00 CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA Do 17 ó 27 de setembro
6ª DOMINGO 28/10/2012 12:00 CARREIRA DA CARBALLEIRA Do 15 ó 25 de outubro

9. A inscrición e o dorsal serán únicos para todo o Circuíto, por tanto, o atleta debe conservar o dorsal en boas condicións. Deste xeito os atletas inscritos nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos para todas as restantes.

10. CHIP DE CRONOMETRAXE:
a) As categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos é imprescindible que teñan un chip amarelo de Championchip en propiedade, por tanto, deberán adquirir o chip (a non ser que xa teñan un en propiedade) que estará subvencionado polo Consello Municipal de Deportes, de maneira que o corredor só aporta 10€. Desta cantidade unha parte irá destinada cada ano a axudar a un colectivo social. Este chip será único para todo o Circuíto e só haberá que recollelo na primeira carreira na que participe e xa queda en posesión do seu dono para ser utilizado en todas as demais.

Ojo morado As categorías benxamín, alevín, infantil e cadete:
- poden ter un chip en propiedade (sempre que teñan DNI) seguindo o procedemento das categorías superiores (párrafo anterior) ou ben,
- poden usar o chip de préstamo que proporciona gratuitamente a organización e que obrigatoriamente terá que devolver ó rematar cada carreira. Neste caso deberá chequear a casilla no procedemento de inscrición que indica a anulación do pago do chip en propiedade.

c) A categoría pitufos corren sen chip.

11. FORMAS DE INSCRICIÓN: Todos os atletas deben inscribirse obrigatoriamente a través da páxina [www.championchipnorte.com] seguindo as instruccións.

LEMBRA QUE A INSCRICIÓN É ÚNICA

12. Ó finalizar o Correndo por Ourense 2012 os corredores que adquiriron o chip neste circuíto:
a) Poden devolver o chip nas oficinas do Pavillón dos Remedios no prazo de 15 días a partires do luns seguinte da última carreira do Circuíto 2012. Ó remate deste prazo os corredores que devolveron o chip recuperarán 6€ que lle serán devoltos na propia tarxeta coa que se fixo o pago a través tamén da "pasarela de pago" de Championchip.

Ojo morado Poden quedar co chip para futuras edicións do Circuíto ou resto de carreiras controladas por ChampionChip

NOTA: EN NINGÚN CASO SE PODERÁ DEVOLVER O CHIP QUE NON FOI ADQUIRIDO NESTE CIRCUÍTO

13. A recollida dos chips e dorsais poderase realizar na secretaría da primeira competición na que participen dende 90 minutos ata media hora antes do comezo da primeira proba do día.

14. O chip de cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

15. En caso de que o corredor perda o chip propio o Consello Municipal de Deportes non volverá subvencionarlle a adquisición, tendo que autoxestionar a través de Championchip a compra doutro chip.

16. Percorridos:

CARREIRA Pitufos Benxamín, Alevín Infantil e Cadete Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e Veteranos
1ª CARREIRA DO VINTEÚN DOMINGO 22/04/2012

Pitufos: Rúa Madre Soledad

Benxamín: Rúa Madre Soledad, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Bellao, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad. 1.500 m

Alevín, nfantil e cadete xuvenil: Rúa Madre Soledad, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad. 1 VOLTA, 2.400 m

Junior, promesa, senior e veteranos: Rúa Madre Soledad, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad. 3 VOLTAS, 6000m

Por necesidades organizativas estes percorridos poden ser modificados.

17. Todos os que estén na clasificación xeral por participar en 5 carreiras recibirán agasallos e os 3 primeiros/as de cada categoría recibirán un trofeo.

18. A entrega de trofeos (19h) e agasallos (de 10 a 20h) terá lugar o sábado 17 de novembro na cancha central do Pavillón dos Remedios

19. Na categoría de Pitufos, todos os participantes que cheguen a meta recibirán unha medalla conmemorativa en cada carreira.

20. Para poder recoller os premios e os trofeos deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas por medio de DNI ou documento legal en vigor.

21. Será motivo de descalificación, entre outros, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais, a suplantación de identidade... etc.

22. As reclamacións deberán ser feitas ao xuíz árbitro ata 30 minutos despois da publicación oficial dos resultados.

23. A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira.

24. O feito de participar neste Circuíto implica a aceptación deste regulamento e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización.

25. Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

26. Os resultados definitivos das carreiras publicaranse en [www.championchipnorte.com] e en [www.ourense.es].

27. O horario das carreiras será o seguinte:
NÚM. DATA HORA HORARIO DORSAIS/CHIPS VESTIARIOS
1 - Carreira do Vinteún - domingo, 22/4/2012 - 12:00 -
12:00 h
12:00 h Pitufos
12:10 h Benxamín, alevín
12:15 h Infantil e cadete
12:30 h Xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos
Vestiarios - Divino Maestro

2ª Carreira do Couto - sábado 26/5/2012
3ª Carreira Nocturna - sábado 30/6/2012
4ª Carreira da Ponte - venres 27/7/2012

21:00 h - Pitufos
21:10 h - Benxamín, alevín
21:15 h - Infantil e cadete
21:30 h - Xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos

Dorsais/chips: Na secretaría da competición (zona de saída/meta) o día da proba, dende as 19:30 ata as 20:30 horas.
Vestiarios: Pavillón dos Remedios


:: Segue a proba do Couto no foro ::