Calendario
Info da proba

CUVI

11/03/2012 11:00 - 12:30
Regulamento
10 Km Cidade Universitaria 2012, Vigo
Carreira e Andaina

Data: domingo, 11 de marzo de 2012.
Hora:
- Saída da andaina:10.00 horas (Praza Miralles)
- Saída da carreira: 11.00 horas (Piscina Universitaria)
- Entrega de trofeos e premios: 12.30 horas (Teatro Vidal Bolaño)
Lugar: campus de Vigo.
Distancia: 10.000 m tanto a carreira coma a andaina.
Organiza: Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.
Inscrición: do 1 de febreiro ao 6 de marzo na web da proba.
Web: Servizo de Deportes da Universidade de Vigo





:: Segue os 10 km do CUVI no foro ::


Información xeral
A carreira e andaina 10 KM CIDADE UNIVERSITARIA 2012 é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo. Colaboran a Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo e o Comesaña Sporting Club de Vigo.

O patrocinador principal da proba é a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (ANFACO).

A sexta edición desta carreira a pé desenvolverase no entorno do campus de Vigo. En 2011 a proba contou coa participación de 670 corredores e nesta esperase a participación de 800 corredores/-as entre pertencentes á comunidade universitaria de Vigo e participantes en xeral deste tipo de probas deportivas (atletas populares).

A principal novidade é a entrada do circuíto da carreira nas instalacións da Cidade Deportiva do Círculo Mercantil de Vigo, pasando a desenvolverse en so dúas voltas de 5 quilómetros.

Por primeira vez realizarase de xeito paralelo unha andaina, tamén de 10 km, que transcorrerá polo interior do Campus Universitario chegando ao Parque Forestal de Beade. Agárdase a participación de 150 camiñantes.

Obxectivos
- Potenciar a práctica habitual da carreira a pé e do sendeirismo como medio para a mellora da condición física e a saúde da sociedade en xeral.
- Ser unha referencia deste tipo de probas na área de influencia da Universidade de Vigo.
- Contribuír á dinamización das instalacións deportivas da Universidade de Vigo e do campus universitario no seu conxunto.

Estrutura temporal
- Acreditacións e entrega de dorsais para a carreira: de 9.00 a 10.30 horas (Área Comercial)
- Saída da andaina:10.00 horas (Praza Miralles)
- Saída da carreira: 11.00 horas (Piscina Universitaria)
- Entrega de trofeos e premios: 12.30 horas (Teatro Vidal Bolaño)

Prazo e modos de inscricións
O prazo de inscrición comezará o 1 de febreiro e estará aberto ata o martes 6 de marzo ás 14.00 horas.

Procedemento para a carreira: única e exclusivamente a través do sitio web www.deportes.uvigo.es con enlace á paxina de www.championchipnorte.com. So poderán participar os nacidos en 1994 ou anos anteriores.

Procedemento para a andanina: achegando un e-mail a deportes@uvigo.es

- No caso dos universitarios, deberán sinalar na inscrición o campus e o centro ao que pertencen, e terán que indicar se son alumnos, PDI ou PAS.

Cotas
Para a carreira: a cota de inscrición será de 3 € para os membros da comunidade universitaria e de 5 € para o resto de participantes. Farase efectiva a través da web www.championchipnorte.com

Para a andaina: a cota de inscrición será de 3 € e farase efectiva no código 26 da Uvigo en Novagaliciabanco.

Categorías da carreira
As categorías establecidas para esta proba son: júnior (nacidos nos anos 1993 e 1994), promesa (nacidos nos anos 1990, 1991 e 1992), sénior (nacidos entre 1972 e 1989), veteranos A (entre 40 e 49 anos cumpridos no día da competición), veteranos B (50 ou máis anos) e universitarios (membros da comunidade universitaria: alumnos, PDI e PAS).

Agasallos
- As persoas participantes recibirán como agasallo unha prenda conmemorativa.
- Entre os participantes que asistan á entrega de trofeos sortearase material deportivo e lotes de produtos en conserva aportados polo principal patrocinador.
- Premios en metálico de 400, 300 e 200 euros para os tres primeiros clasificados na clasificación xeral (feminina e masculina) da carreira.

Axentes implicados
Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.
Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo.
Comesaña Sporting Club.
Concello de Vigo.
Deputación de Pontevedra.
Protección Civil de Vigo.
Cruz Vermella.
Championchipnorte.com.
Servizo de Seguridade do Campus.

Colaboradores
Principal: Anfaco. Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos.
Novacaixagalicia, Coca Cola, Gadis e Barceló Viajes.



:: Segue os 10 km do CUVI no foro ::