Calendario
Info da proba

IV Canicross de Ordes

03/03/2012 16:30
Regulamento IV Canicross de Ordes
Memorial ESTEBO JOSE

Data: SABADO, 3 de MARZO de 2012
Hora: 16:30 Horas
Lugar de Saída e Meta: Campo da Feira de Ordes
Distancia: 8.500 metros

Inscricións: Ata ó 1 Marzo de 2012 ás 20:00 horas.

- INSCRICIÓNS: a través da plataforma de inscrición* á que accedemos dende o enlace docs.google.com/spread...E6MQ#gid=0

*no caso dalgún erro na plataforma, no correo electrónico robertosalvado@mundo-r.com.

DATOS OBRIGATORIOS PARA A INSCRICIÓN: DNI, nome, apelidos, data nacemento, sexo, dirección, código postal, localidade, teléfono, clube (se o ten).
www.ordescrossambienta...gspot.com/
- PREZO DA INSCRICIÓN:
2 € (PAGOS ANTES DO 25/02/2012), 3 € (PAGOS DENDE O 25/02/2012 ATA O 01/03/2012, AMBOS INCLUIDOS)

- PAGOS: Na conta do Banco Santander Nº 0049 5229 28 2116040491 ou na conta de La Caixa Nº 2100 4201 59 2200061050.

Enviar xustificante ó correo electrónico atletismoordes@hotmail.com e con copia a robertosalvado@mundo-r.com.

O DÍA DA PROBA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS.

Trofeos:
- Ós tres primeiros de cada categoría
- Premios en efectivo ós tres primeir@s absolutos do Canicross: 20, 10, 5 € respectivamente

OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS

Obsequios:
- Bolsa con set polar gorro e guantes, froita e bebida
- Regalo entrada ó Museo do traxe “Juan José Linares” a tódolos participantes (Campo da Feira – Ordes)
- Ó remate da proba haberá chocolate quentiño acompañado de churros, rosca, etc. Ademais haberá SORTEO de agasallos por número de dorsal (recollida do dorsal en meta)
- Haberá servizo de DUCHAS na Piscina Municipal

REGULAMENTO
1. A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a proba e na chegada á línea de meta. O feito de non levalo dará lugar a descalificación do corredor.
2. O dorsal recollerase o día da carreira popular na zona de saída ata 30 minutos antes da saída de cada proba.
3. Ó longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos, os cales poderán descalificar os participantes que cometan algunha irregularidade.
4. Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada pola Organización da proba, sendo a decisión inapelable dado o carácter deportivo da proba.
5. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes destas carreiras, antes, durante e despois da proba.
6. Dado o carácter popular, festivo e deportivo desta proba, a Organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
7. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento. Toda inscrición suporá a aceptación destas normas.
8. O percorrido estará sinalizado en tódolos cruces con tablillas/frechas e ó longo de toda a carreira con cinta de sinalización.
9. Regulamento específico da Liga Galega de Canicross, que se pode revisar en www.asociacionacade.com ou en www.fgdi.es
10. Programa/Reglamento: www.calameo.com/read/0...7c1a8a837c