Calendario
Info da proba

Monforte

18/03/2012 11:00 - 13:30
Regulamento IV Carreira Popular Concello de Monforte

Domingo 18 de marzo de 2012.

Categorías menores: 11:00h
Adultos: 12:00h

Organiza:Concello de Monforte y Lodeco S.L.
Colabora: Federación Galega de Atletismo, Coca cola, Championchipnorte, Fefeme





Regulamento:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras. A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

CARREIRA ABSOLUTA
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femeninas:
Categoría F - nad@s entre 1995 e 1996.
Categoría G - nad@s entre 1993 e 1994.
Categoría H - nad@s entre 1978 e 1992.
Categoría I - nad@s entre 1973 e 1977.
Categoría J - nad@s entre 1968 e 1972.
Categoría K - nad@s entre 1963 e 1967.
Categoría L - nad@s entre 1953 e 1962.
Categoría M - nad@s no 1952 e anteriores.

INSCRICIÓNS:
Inscricións on-line na páxina www.championchipnorte.com
Inscricións presenciais a partir do luns 5 de marzo na Concellería de deportes do Concello de Monforte.
Peche de inscricións o xoves 15 de marzo ás 19:00h.

Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse tanto on-line como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:
- DNI con letra
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (no caso de telo)
- Localidade
- Teléfono Móbil
- Se é atleta nado/a en Galicia
- Se é atleta empadroado/a en Monforte

A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

Percorrido:
A saída e a meta serán na Praza da Compañía (o carón dos Escolapios) e será de dúas voltas polo seguinte percorrido cunha distancia de 7 km:
rúa Reboredo, paseo de Lugo, rúa Carude, rúa Sober, rúa San Lazaro, novamente rúa Reboredo, rúa Dalmiro de la Valgoma, rúa Escultor Francisco Moure e novamente rúa Reboredo.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (18 de marzo) na carpa da organización sita na explanada dos Escolapios de 9:00 a 11:15

PREMIOS ECONÓMICOS DAS CARREIRAS ABSOLUTA MASCULINA E FEMININA
1º/1ª Clasificad@ - 300€
2º/2ª Clasificad@ - 200€
3º/3ª Clasificad@ - 100€
4º/4ª Clasificad@ - 75€
5º/5ª Clasificad@ - 50€

PEMIOS POR CATEGORÍAS ADULTOS
1º/1ª Clasificad@ de cada categoría - Trofeo
2º/2ª Clasificad@ de cada categoría - Trofeo
3º/3ª Clasificad@ de cada categoría - Trofeo

PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA ABSOLUTA
1º/1ª Clasificad@ nado en Galicia - 150€
2º/2ª Clasificad@ nado en Galicia - 100€
3º/3ª Clasificad@ nado en Galicia - 50€

1º/1ª Clasificad@ local - Trofeo + agasallo
2º/2ª Clasificad@ local - Trofeo + agasallo
3º/3ª Clasificad@ local - Trofeo + agasallo

Considerase como local o atleta empadroado en Monforte de Lemos. Todos os premios son acumulables.

Camiseta oficial da carreira e avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento señalizada no parque dos condes situado inmediatamente antes da Praza da Compañía.
- Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas instalacions dos Padres Escolapios na zona de meta.

INFORMACIÓN E RESULTADOS: Na páxina web oficial da proba: www.championchipnorte.com

CARREIRA CATEGORÍAS MENORES
Haberá unha proba non competitiva para rapaces nados despois do ano 2007.
A distancia será aproximadamente de 80 metros e non haberá clasificacións.
Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
A inscrición, soamente para esta proba, poderá facerse o mesmo día 18 de marzo.

RESTO DE CATEGORÍAS:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría A - nad@s entre 2005 e 2007.
Categoría B - nad@s entre 2003 e 2004.
Categoría C - nad@s entre 2001 e 2002.
Categoría D - nad@s entre 1999 e 2000.
Categoría E - nad@s entre 1997 e 1998.

INSCRICIÓNS
Inscricións por correo electrónico en lodeco@lodeco.es a partir do luns 5 de marzo.
Inscricións presenciais a partir do mércores 7 de marzo na Concellería de deportes do Concello de Monforte
Peche de inscricións o xoves 15 de marzo ás 19:00h
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax

Para poder inscribirse tanto por correo como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Clube (no caso de telo)
- Localidade

A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

PERCORRIDO:
Categoría Mini: 11:00h - 80m.
Categoría A,B: 11:05h - 600m.
Categoría C: 11:15h - 1000m.
Categoría D,E: 11:30h - 1500m.

ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba (18 de marzo) na carpa da organización sita na explanada dos Escolapios de 9:00 a 10:30

PREMIOS:
Trofeo para @s tres primeir@s de cada categoría.
Camiseta oficial da proba e avituallamento final para todos os que rematen a proba.