Calendario
Info da proba

Meaño

12/09/2010 11:00 - 13:30
Regulamento
XXVI CARREIRA POPULAR
CONCELLO DE MEAÑO

--- segue a carreira no foro ---
DATA E LUGAR
Organiza: Concello de Meaño
Data: Domingo 12 de setembro de 2010
Hora: 11:00 da mañá
Lugar: Campo da Feira, Concello de Meaño.
Máis información: www.concellodemeano.com e www.championchipnorte.com





CATEGORÍAS
HOMES
CHUPETES: nados ata o 2006
A: nados entre 2005/2003
B: nados entre 2002/2000
C: nados entre 1999/1997
D: nados entre 1996/1993
E: nados entre 1992/1975
F: nados entre 1974/1966
G: nados entre 1965/1956
H: nados entre 1955/1950
I: nados entre 1949/1945
L: nados antes de 1945

MULLERES
CHUPETES: nados ata o 2006
M: nadas entre 2005/2003
N: nadas entre 2002/2000
O: nadas entre 1999/1997
P: nadas entre 1996/1993
Q: nadas entre 1992/1973
R: nadas entre 1972/1966
S: nadas entes de 1966

PREMIOS
1º PREMIO: PREMIO ROSALÍA DE CASTRO
300 € + o peso do gañador/a en botellas de viño Rosalía de Castro.
2º PREMIO: PREMIO QUINTA DE SAN AMARO
200 € + un fin de semana para dúas persoas no hotel con encanto "Quinta de San Amaro".
3º PREMIO: PREMIO STRANDS
100 € + un par de zapatillas marca MIZUNO.
· Trofeos para o tres primeiros, de deseño exclusivo, creados pola ceramista MAR BARRAL.
· Camisetas técnicas conmemorativas para tódolos chegados á meta.

PERCORRIDO
Circuíto LONGO (6.330 m.) para as categorías: D · E · F · G · H · I · L · P · Q · R · S
Circuíto MEDIANO (1.600 m.) para as categorías: B · C · N · O
Circuíto CURTO (1.070 m.) para as categorías: A · M
100 m para a categoría: CHUPETES

INSCRICIÓNS
A inscrición deberase realizar antes do xoves 9 de setembro, sendo a hora límite as 14:00 horas.
Deberase indicar obrigatoriamente: nome e apelidos, sexo, concello, data de nacemento, DNI, teléfono e, se procede, clube.
A inscrición realizarase na páxina www.championchipnorte.com
Excepcionalmente poderase realizar vía telefónica no Concello de Meaño, tlfs. 986.747.102 / 986.747.585
NOTA MOI IMPORTANTE: Non se admitirán inscricións fóra de prazo ou que omitan algún dos datos solicitados.

REGULAMENTO XERAL
. A inscrición debe realizarse no prazo sinalado, debendo facilita-los seguintes datos: Nome e apelidos, sexo, Concello, data de nacimento, DNI, teléfono e, se procede, clube.
ATENCIÓN: En ningún caso se admitirán inscricións fóra de prazo. É obrigada antes do xoves 9 de setembro, sendo a hora límite as 14:00 horas.
. A tódolos participantes facilitaráselle-lo dorsal e o chip correspondente á súa categoría, debendo colocar o dorsal no peito e o chip na zapatilla (deberase portar zapatillas de cordóns).
. O chip e dorsal recollerase o día da proba na zona de saída/meta (Praza da Feira), entre as 9:00 e as 10:30 da mañán (cumprimento estricto de horario).
. Dado que o chip e dorsal son persoais e intransferibles, cada quen debe retira-lo seu de xeito individual.
. Ó longo dos percorridos a Organización establecerá os controis que estime oportunos para entrega de testigos ou para seguridade da proba. Eses controis poderán ser fixos ou móbiles estando autorizados para descualifica-los participantes que cometan algunha irregularidade ou atenten contra a seguridade individual (tanto propia como allea) ou colectiva durante a proba.
. O chip deberá de ser devolto antes de saír da zona acoutada trala liña de meta. A Organización colocará postos para que se efectúe esta devolución. No caso de non producirse esta devolución, o participante será descualificado.
. Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.
. A categoría chupetes, correspondente ós participantes nados ata o ano 2006, non será competitiva, sendo a súa única finalidade a de fomenta-lo deporte entre os máis pequenos. Esta categoría fará a súa saída unha vez finalizada a carreira. Aproximadamente sobre as 12:30 h.
. A organización establece unha categoría de ANDANTES (non competitiva), sobre un circuíto de 3,5 Km. Os interesados en participar só se poderán inscribir o día da proba, na Praza da Feira, de 9:00 a 10:30 h.
10º. Recibirá trofeo o primeiro clasificado masculino e feminino do municipio de Meaño que participe no circuíto longo, así como o atleta máis veterano do municipio (nado ou residente) e do global das categorías.
11º. A Organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufri-los participantes desta carreira, antes, durante e despois da proba, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios.
12º. Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta proba, a Organización agarda de todos e tódalas participantes o mellor espírito deportivo.
13º. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

--- segue a carreira no foro ---