Foros ›
2ª Andaina Lérez-Almofrei POntevedra 10 e 25 SETEMBRO 2011
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Barazal

Novo foreiro
Novo foreiro
30/08/10
0 Carreiras
24 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 30 Ago 2011, 23:55
Asunto: 2ª Andaina Lérez-Almofrei POntevedra 10 e 25 SETEMBRO 2011

Dende Pontevedra vos convidamos á 2ª ANDAINA LEREZ – ALMOFREI: Pontevedra 10 e 25 setembro 2011:

Calendario Andainas:
Día 10 de Setembro tarde/noite:
1ª Andaina de orientación.
1ª Andaina nocturna.
Día 25 de Setembro mañá:
2ª Andaina adultos. 24 kms.
2ª Andaina xuvenil. 5 kms.
2ª Andaina infantil. 2 kms.
2ª Andaina Asoc. A Corticeira. 10 kms

MODALIDADES DE INSCRICIÓN
Persoalmente: na rúa Echegaray, 39 baixo Pontev.
Por e-mail: anias @ anias.es
Antes do día 8 de setembro mediante inscrición
cuberta e resgardo de ingreso dacota en
CAIXANOVA, nº: 2080 0480 11 0000131391
Info: www.pontevedracultura.org
Tel información: 986 864 598
Barazal

Novo foreiro
Novo foreiro
30/08/10
0 Carreiras
24 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 31 Ago 2011, 10:12
Asunto: Re: 2ª Andaina Lérez-Almofrei POntevedra 10 e 25 SETEMBRO 2011

Decirvos que este é o 2º ano en que organizamos a Andaina Lérez -Almofrei o dia 25 de setembro duns 22 km cunha dificuldade baixa-media (eminentemente fluvial). Ese dia tamén como vedes facemos unha Xuvenil con monitores e charla pedagóxica, outra Infantil (a maneira de gardería), e unha para os veciños da zona (Salgueiral- A Corticeira).

Como novidade este año faremos previamente o DIA 10 DE SETEMBRO duas andainas:
- Unha de ORIENTACIÓN (por unha senda anexa á do Almofrei, chamada Serra da Ferradura duns 15 km, con colaboración de profesionais en orientación). Eu marcaria no voso calendario como unha proba deste tipo (Andaina de orientación no Almofrei - Serra da Ferradura - Pontevedra):
Descrición: andaina de orientación e aventura polas inmediaciones do río Almofrei. Data: Sábado 10 de setembro 2011. Idade:
maiores de 18 anos e menores que vaian acompañados por os seus pais ou titores e baixo a súa responsabilidade. Lonxitude: 15 km.
Dificultade: media-baixa. Saída: ás 16,00 h. da Casa da Cultura do Salgueiral. Duración Precista: 4 horas. Peche control: 20,00 h.
Avituallamentos: Saida, punto medio e final. Prazas: máximo 50 persoas. Custo inscrición: 10<. Inclúe: avituallamento, camiseta e
equipo de orientación durante a actividade.
- Outra Andaina nocturna Lérez-Almofrei o dia 10 de SETEMBRO, duns 12 km, a partir das 20:30 h.:
Descrición: Andaina que inclúe unha sesión de observación nocturna do ceo coa colaboración dos membros da Asociación Sirio. Itinerario: Ponte dos tirantes > Presa de Bora > Os Pasos > A Fervenza > Pico Sacro> Salgueiral > Regreso en autobus a Pontevedra.Data: Sábado 10 de setembro 2011. Idade: maiores de 18 anos e menores que vaian acompañados por os seus pais ou titores e baixoa súa responsabilidade. Lonxitude: 12 km. Dificultade: media-baixa. Saída: 20,30h da Ponte dos tiranes. Duración prevista: 4 horasPrazas: máximo 50 persoas. Avituallamentos: con bebida quente no Pico Sacro Custo inscrición: 10<. Inclúe: avituallamento,camiseta, sesión de astronomía coa charla dun astrónomo e regreso en autobús a Pontevedra.

Agardando que vos sirva de esclarecemento, estamos negociando o banquete final ( isto da crise!), estades convidados.
Saúdos.
pablocrojo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/11
22 Carreiras
436 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Xov, 01 Set 2011, 21:50
Asunto: Re: 2ª Andaina Lérez-Almofrei POntevedra 10 e 25 SETEMBRO 2011

Un par de preguntiñas sobre a andaina de adultos do dia 25...

Tras rematar a senda do Lérez na presa de Bora, o camiño que segue é a estrada que vai cara arriba, non?

De qué constaría o xantar final? Sorriso

Un saúdo.

cospesnochan.blogspot.com/
Barazal

Novo foreiro
Novo foreiro
30/08/10
0 Carreiras
24 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Ven, 02 Set 2011, 9:24
Asunto: Re: 2ª Andaina Lérez-Almofrei POntevedra 10 e 25 SETEMBRO 2011

Unha vez chegas a presa de Bora, subes até a estrada (onde comeza un carril accesorio da estrada), segues á esquerda en dirección Ourense, ao chegar a unha curva sobre unha ponte (ponte sobre o rio Almofrei onde vai a enlazar co Lérez) hai que cruzar (na andaina habera garda civil para darnos paso) e situarnos a dereita do cruce coa estrada que sube a Marcón, detrás do garda-rail hai un cartel que nos debuxa a andaina e nos dirixe cara a senda do Almofrei pola marxe dereita do rio.
De calquera das maneiras habera marcas azuis e brancas que sinalan a senda.
Durante a andaina habera avituallamento de froita, auga e barrita, e neste preciso momento estamos negociando o do xantar.
Barazal

Novo foreiro
Novo foreiro
30/08/10
0 Carreiras
24 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Sáb, 17 Set 2011, 13:58
Asunto: Re: 2ª Andaina Lérez-Almofrei POntevedra 10 e 25 SETEMBRO

Parar Hola,
achégovos máis información da 2ª edición da Andaina fluivial do Lerez e Almofrei.
Xa sabedes que o próximo día 25 é a 2ª Andaina polos rios Lérez e Almofrei. Podedes descargar o tríptico con mais información en www.pontevedracultura.org

P.D.: Novidade este ano: Xantar a 4 km do final as 14:00 h nas instalacions do Casino Mercantil (Mourente). Composto por mexilons, empanada, churrasco entre outras viandas.

Esperamos que vós apuntedes e colaboredes coa difusión.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos