Mar, 24 Ago 2010, 8:45
Asunto: XVI MILLA URBANA CONCELLO DE PORTO DO SON
O Concello de Porto do Son organiza a súa XVI Milla Urbana na localidade de Porto do Son (AC-550 Noia - Ribeira) o sábado 11 de setembro de 2010 baixo o control técnico da Delegación de Atletismo de Santiago (Comité de Xuices da FGA) e de acordo co seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O Control das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago).
2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PREBENXAMÍN: Atletas nados no ano 2003 e posteriores
BENXAMÍN: Atletas nados nos anos 2002 e 2001
ALEVÍN: Atletas nados nos anos 2000 e 1999
INFANTIL: Atletas nados nos anos 1998 e 1997
CADETE: Atletas nados nos anos 1996 e 1995
XUVENIL-JUNIOR: Atletas nados nos anos 1994 / 1993 / 1992 e 1991
PROMESA-SENIOR: Atletas nados entre os anos 1990 e 1976
VETERÁNS A: Atletas nados entre os anos 1975 e 1965
VETERÁNS B: Atletas nados entre en 1964 e anteriores
* As categorías XUVENIL-XUNIOR e PROMESA-SENIOR computarán como unha soa categoría na clasificación xeral e na entrega de premios.
3. DISTANCIAS E HORARIOS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
19:00 PREBENXAMÍN MIXTO 300 m
19: 07 BENXAMÍN – ALEVÍN MIXTO 600 m
19:15 INFANTIL – CADETE MIXTO 1609,3 m
19:30 VETERÁNS A-B FEMININO 1609,3 m
19:45 VETERÁNS A-B MASCULINO 1609,3 m
20:00 XUVENIL-XUNIOR e
PROMESA-SENIOR FEMININO 1609,3 m
20:15 XUVENIL-XUNIOR e
PROMESA-SENIOR MASCULINO 1609,3 m
20:45 ENTREGA DE PREMIOS
4. PREMIOS E TROFEOS
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas, agás os atletas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, que percibirán medalla e camiseta. Ademáis, repartiranse os seguintes premios en metálico:
CARREIRA PROMESA / SENIOR MASCULINO
1º-…….. 250 €
2º-…….. 100 €
3ª- …….. 60 €
4º A 7º- 30 €
CARREIRA PROMESA / SENIOR FEMININO
1º-…….. 250 €
2º-…….. 100 €
3ª- …….. 60 €
4º- 30 €
5º- 30 €
CARREIRA VETERANOS FEMININO
1º - ….. 75 €
2º - ….. 50 €
3º - ….. 30 €
CARREIRA VETERANOS MASCULINO
1º - ….. 75 €
2º - ….. 50 €
3º - ….. 30 €
OS PREMIOS EN METÁLICO ABOARANSE O DÍA DA PROBA (será necesario entregar unha copia do DNI, Pasaporte ou documento que acredite a identidade)
5. As inscricións poderanse remitir ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago @ gmail.com, ou ó número de FAX 981 191559 facendo constar os seguintes datos: Nome e Apelidos, data de nacemento, clube e nº de licencia federativa (se a ten). Tamén poderase realizar a inscrición o mesmo día ata 1 hora antes (TEMPO LÍMITE) do inicio de cada carreira. Teléfono de información 981 767758.
PRÉGASE REALIZAR A INSCRICIÓN PREVIA A TRAVÉS DE FAX OU CORREO ELECTRÓNICO.
6. Segundo o ARTIGO 3.4. DO REGULAMENTO das competicións autonómicas de Ruta, Pista ou Campo a Través da REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO: “Por norma general en estas competiciones no podrán participar atletas extranjeros que no tengan licencia por la Federación Autonómica donde se celebre la competición salvo si se cumple alguno de los siguientes supuestos:
? “En Autonomías con frontera terrestre con Portugal o Francia se permitirá la participación de atletas del país vecino siempre y cuando estos atletas no hayan sido internacionales por su país en los últimos 5 años y en una prueba similar”.
7. Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no polideportivo municipal de Porto do Son.
8. As reclamacións os resultados oficiais deberán formularse verbalmente o Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
9. Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.