xiamenfroi escribió: |
Sí, é posible que en 24 horas houbese moitas lecturas. Ao mellor é porque o título de "Conexión Luguesa" sexa demasiado cinematográfico é recorde a moitos a "Conexión Tequila". Parece que esteñas a falar da Mafia Calabresa ![]() ![]() ![]() Ao mellor ninguén quere contestar porque non merece a pena enredarse nun berenxenal dialéctico. Eu estiven en Vilalba, e aínda que non vin a proba na súa totalidade, vin o suficiente (antes de todos eses "problemas" que mencionas) para facerme unha idea. Estou seguro que habería algúns deses problemas que dis, porque toda proba sempre é sensible de mellora. E cando a crítica se fai de forma sincera, constructiva, pensando o que se dí (tí mesmo dis que escribes con indignación, polo que ao mellor sufriches un "calentón"), estou seguro que todos os organizadores a reciben con grande interés e atención, porque sempre supón un feed-back que permite mellorar no futuro. Nembargantes, me parece que ao mellor te pasaches, e que lle podes faltar á consideración á xente que está alí tratando de que todo saia o mellor posible (que sí, que fallos témolos todos, eu e tí e todos...), A CAMBIO DE NADA, que moita da xente da que falas non cobra un patacón por ir (iso garántocho), un fin de semana tras outro, a descargar vallas, montalas, señalizar, poñer conos, ect. Esa xente que chegou a Vilalba ás 8 da mañán, traballou todo o día, se comeron uns bocadillos alí mesmo, e se foi ás 9 da noite faíno porque lle gusta promover este deporte, e mais aínda cando son os nenos, O NOSO FUTURO, quenes o practican. Todos estamos de acordo en decir que e bó inculcar aos nenos a práctica deportiva. Pero tamén debemos ver no noso interior, e pensar se non estaremos alcanzando unas cotas excesivas de esixencia en tódolos aspectos (esixencia aos nenos como si xa foran Gómez Noya, esixencia aos organizadores como se fose unha proba de adultos de Campionato Galego ou Nacional...). Son nenos, e todos caímos das bicicletas polas corredoiras de nenos e aquí estamos... Que sí, que está claro que hai que tratar de correxir os erros, e moito mais de evitar as situacións de risco (creo que falando cos organizadores directamente ¿fixéchelo?, se poden arranxar mais fácil esos erros que nun foro de carreiras). Creo que se debe tratar sempre de sumar e non de restar nin dividir. Seguro que as miñas palabras non che van facer moita gracia, e sintoo de veras, porque non é a miña intención crear polémica, que se xenere un debate agrio ou tratar de incomodarte. Nada mais lonxe da realidade, que si en algo te molestei pídoche desculpas anticipadamente. Un saúdo dun simple testigo presencial. |