Lun, 21 Set 2026, 21:25
Asunto: XXXVII M. MARATON VALLADOLID 27/09/2026
Vou correr esta media por 2ª vez, será a miña 199 media maratón 19 anos despois, (se fago 19 minutos máis que daquela, xa estaría moi satisfeito

)esta foi unha das primeriras medias que corrín fora de Galicia, creo que antes só en Viana do Castelo e en Oviedo.
Xunto ca media fan a 12 edición da legua popular 5,5 Kms., ainda que estos saen un pouco máis tarde.
Os 3500 dorsais que había para a media esgotados en Xuño, apunteime polos pelos. E os da legua un pouco máis tarde.
Recorrido chanciño, hai poucos como este. Que de verdade o vou agradecer, xa que dende a Entrerrías en Maio (que non ten un percorrido chanciño que digamos), as seguintes 6 medias que corrín foron moi duras por calor e perfil e só 2 eran integramente por asfalto.
Previsión a día de hoxe entre 15º e 27º para o domingo, como a saida é as 10 espero non papar a máxima temperatura.
www.mediamaratonvalladolid.com/