Xov, 25 Set 2025, 20:47
Asunto: XI MEDIA MARATON AVILA 05/10/25
Despois do parón veraniego, toca retomar o reto das medias maratóns provinciais. Imos participar na capital de provincia situada a máis altitude de España 1131 mts. e con só 57741 habitantes no 2023.
Das poucas medias que me quedan, para poder desprazarme en coche, as que faltan xa están todas moi lonxe de Galicia.
Media que tiña 3 tramos de inscripción, agora xa estamos no derradeiro e toca soltar 25+3 € da licencia dun día ata o 01 de Outubro. Ademáis da media, hai media por parellas e un 10 K a mesma hora. Nestes momentos case 1000 inscritos entre as 3 opcións, eu anotareime para o finde.
Carreira durecha polo que vin no perfil, 134 mts. dedesnivel. Sendo ata o Km 9 bastante levadeira, pero a partir de ahí grandes subidas, ainda que os 1100 mts. finais son en baixada pronunciada. Carreira non apta para bos rexistros
Con saida e meta situada a1200 mts. de distancia e as duchas tamén a case 3 kms. da meta, ainda que hai traslado en bus a elas.
www.mmavilamonumental.com/web/