Foros ›
Suspendida a VI Carreira Nocturna Cidade de Narón
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
59 Carreiras
1185 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 28 Xul 2025, 16:36
Asunto: Suspendida a VI Carreira Nocturna Cidade de Narón

Do Caralibro de clube Pasa ou Entorna:

Bos días a tod@s :
Como xa sabedes este ano tocaríanos celebrar a nosa “VI Carreira Nocturna Cidade de Narón” , pero nesta ocasión a directiva do Club *Pasa Ou Entorna* xunto có respaldo d@s nos@s soci@s tomamos a difícil decisión de non celebrar dita proba deportiva .
Por diversos motivos vémonos na obriga de tomar esta dura e meditada decisión , pero o pouco apoio e colaboración por parte da institución implicada na mesma, así como a falta de compromiso, implicación e palabra en determinadas colaboracións por parte desta nas últimas 2 edicións , provocan unha erosión e un desgaste que minan as ganas de organizar probas coma esta na que o único obxetivo é o fomento do deporte altruistamente .
E unha mágoa ver coma a proba de atletismo popular con máis edicións celebradas na actualidade no Concello de Narón se vexa freada neste momento , cando en cada edición superábamos o número de inscritos i estábase a asentar no calendario coma unha das probas referencia nesta modalidade , esperemos que pronto se poida poñer fin a esta situación e poder anunciarvos a realización da sexta edición desta carreira popular .
Grazas a todos pola compresión e vémonos nas carreiras.
É por suposto queremos agradecer os nosos patrocinadores que o longo de todo o ano nos apoyan: Talleres García, Landra Sistemas S.L., Aislamientos Valdoviño, Aluminios Lago Technal, Corplama Materiales de Construcción Ortegal Oil

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos