Foros ›
[30-08-2025] XXXVIII Carreira Popular de Pintos (Pontevedra)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
marathonpopulardepintos

Novo foreiro
Novo foreiro
10/08/11
1 Carreiras
18 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Xov, 24 Xul 2025, 10:24
Asunto: [30-08-2025] XXXVIII Carreira Popular de Pintos (Pontevedra)

A Carreira Popular de Pintos vén desenvolvéndose desde hai 38 edicións. Nela, a veciñanza de Pintos, e cada vez máis persoas de fóra do lugar, achéganse para pasar un bo anaco con deporte e entretemento.

Somos un grupo de xuventude Chupete da zona de Pintos, en Marcón (Pontevedra), que organizamos unha carreira popular que se vén transmitindo de xeración en xeración e que este ano chegamos á nosa 38ª edición!

Facemos unha mistura entre carreira popular, dividida en diferentes categorías de idade (0-4, 5-8, 9-13, 14-20, 21-34, 35-50 e 51-...), e de festa, xa que contamos ademais, coa venta de rifas para sorteos, logo da entrega de trofeos, de diversos produtos, entre os que destacan xamóns, lacóns, productos da terra, produtos vivos, menaxe do fogar... Buscamos sobre todo facer pasar á xente un bo anaco (ou polo menos intentalo).

NON somos para nada profesionais xa que facemos isto cada ano da mellor maneira posible e tentando mellorar naqueles puntos fracos que temos Angel . De todos xeitos, pensamos que é unha magnífica oportunidade para pasalo ben e botar unha carreira con amizades e fillas e fillos!

A distancia (ver aquí), a partir da categoría de 14-20 e consecutivas, é de preto de 2 km Molón na que contamos cunha subida bastante pronunciada nunha parte, logo algo máis estable, un pequeno repeche e un par de baixadas para entrar en meta. Aquel@s que a proban din que parece máis fácil do que realmente é!
As distancias para as categorías inferiores son de:
- 30 m (cat. 0-4) - ver aquí
- 250 m (cat. 5-8) - ver aquí
- 600 m (cat. 9-13) - ver aquí

Para todas as persoas participantes que se animen a correr, entregaráselles gratis unha bebida e un agasallo, cortesía da Organización. Aplauso

Se vos interesa pasar unha tarde na nosa compañía, consultade o noso facebook pinchando aquí, onde atoparedes máis información. Tamén vos responderemos ás dúbidas que nos fagades chegar por mensaxe alí.

Este ano voltaremos a contar cunha pequena área de entretemento na que as e os máis pequenos poidan estar entretidos mentres os seus acompañantes corren, tratando de facerlles máis entretida a xornada durante as carreiras. Bailar Bailar

Podedes consultar o regulamento ao completo aquí: drive.google.com/file/...sp=sharing
E, se o precisades, descargar a autorización para menores aquí Chupete : drive.google.com/file/...sp=sharing

Saúdos e... VÉMONOS O SÁBADO 30 de agosto!!







Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos