Solaina Novo foreiro
19/12/19
4 Carreiras
27 Mensaxes
Mar, 27 Mai 2025, 8:34 Asunto: Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte
Vindeira carreira do circuito, Zas, non sei se a vos vos pasa pero na páxina non carga o track, así que nin idea do percorrido, se son dúas voltas ou unha, desnivel...0 datos, se algún dos que a fixo quere aportar algo sería xenial.
pola miña parte teño pensado ir, a ver como se da, de momento carreiras moi chulas as de todo o circuito
Mar, 27 Mai 2025, 9:10 Asunto: Re: Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte
Se é o mesmo circuito das últimas edicións, é un circuito bonito. Saida moi rápida, polo quilómetro 2 hai unha subida moi tendida e a partir de ai, falsos chans. Creo que era a partir do 7,5 8 correse por pistas de terra entre árbores, para despois volver o asfalto e recorrer un paseo o lado do río. E a parte final é a parte máis dura, xa que hai que subir ata a meta que está na praza do concello.
Kurty Experto no foro
26/03/05
507 Carreiras
3846 Mensaxes
Mar, 27 Mai 2025, 18:32 Asunto: Re: Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte
Unha das carreiras máis corribles do circuito, xunto con Vimianzo e Cee. Unha soa volta, 2 primeiros kms. moi rápidos, despois toca unha subida longa, pero corrible e despois un sube e baixa, cun percorrido chulo cara o final por terra e despois asfalto pegado o paseo fluvial, pero despois toca a subida final cara a meta que baixamos nada máis escomenzar a carreira.
Eu agardo ir a esta, xa que a das areas non podo ir por un compromiso familiar.
Solaina Novo foreiro
19/12/19
4 Carreiras
27 Mensaxes
Mar, 27 Mai 2025, 21:35 Asunto: Re: Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte
Enton penso q este ano cambiaron o percorrido a subida parece estar sobre o 4,5-5, os q a fixestedes xa diredes se e a mesma, pero polo q dis pode q a cambiasen.
Última edición por Solaina o Mar, 27 Mai 2025, 21:39; editado 1 vez
Solaina Novo foreiro
19/12/19
4 Carreiras
27 Mensaxes
Mar, 27 Mai 2025, 21:36 Asunto: Re: Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte
Quixen engadir unha captura de pantalla pero creo q non sae
Mér, 28 Mai 2025, 13:55 Asunto: Re: Zas, Circuito Correndo pola Costa da Morte
Pois parece que sí cambiaron o circuito, non sei por que o farian, a min o anterior gustabame. Non coñezo moito Zas, pero parece que gran parte coincide pero faise no sentido contrario.
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Podes descargar arquivos