Mér, 30 Abr 2025, 10:19
Asunto: Re: XV CARREIRA POPULAR MONFORTE
Pois non me disgustou, pero dende logo non é para ir por marca. Moitos cruces, un cambio de sentido (que se fai dúas veces ó ser dúas voltas a un circuíto), algún adoquinado (o da ponte era bastante "complicado") e, inevitablemente, sendo ás 12, bastante calor. Eu, de feito, fun pouco precavido e queimei algo os hombreiros.
De todos xeitos quedoume bo sabor de boca, o entorno está moi chulo, e faise entretido correr polas rúas de Monforte. Pareceume tamén moi boa a organización. Incluso vin pouco "máquina" para haber premios en metálico que, por certo, puntazo a favor xa que hai que lembrar que era gratuíta.