Ven, 18 Abr 2025, 10:29
Asunto: CARMIÑA Carreira. 8-6-25
Reglamento
IV EDICIÓN. CARMIÑA Carreira.
DATA: Domingo, 8 de XUÑO de 2025.
HORA: CARMIÑA 10:00 horas - MINICARMIÑA 10:30.
LUGAR DA SAÍDA:
- PRAIA DE LAPAMÁN: Carmiña.
- NAÚTICO DE AGUETE: MiniCarmiña
LUGAR DA META: PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO.
DISTANCIA: Carmiña 10.600m aprox. / Mini-Carmiña 5,4km.
ORGANIZA: Concello de Marín.
INSCRICIÓN: ata o domingo, 1 de xuño ás 23:59 horas ou ata fin de inscrición:
www.emesports.es
INSCRICIÓN MÁXIMA DE PARTICIPACIÓN:
450 absolutos - 350 escolares
IV Edición 2025
REGULAMENTO XERAL
CARMIÑA Carreira, organizada pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Marín, celebrarase o vindeiro domingo, 8 de XUÑO dende a 10:00 horas, con saída NA PRAIA DE LAPAMÁN e chegada no PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO. Terá un percorrido total de 10,6km.
Ademais este ano realizarase tamén a III Mini-Carmiña que constará duns 5,4km aprox, que terá saída no PORTO DEPORTIVO DE AGUETE.
1.- CATEGORÍAS E DISTANCIAS.
1.a) CATEGORÍAS CARMIÑA:
HOMES / MULLERES
0.- CATEGORÍA ABSOLUTA.
1.- Categoría A: 18-22 anos
2.- Categoría B:23-34 anos
3.- Categoría C: 35-44 anos
4.- Categoría D: 45-54 anos
5.- Categoría E: 55-64 anos
6.- Categoría F: 65-74 anos
7.- Categoría G: 75 anos EN DIANTE
1.b) CATEGORÍAS MINI-CARMIÑA (5,4km):
8.- CATEGORÍA ABSOLUTA. HOMES / MULLERES
1.c) CATEGORÍA MENORES.
- Haberá diferentes saídas adaptadas a distancias e idades.
- Non será unha proba competitiva, e non haberá premios pero si terán medalla para todos os participantes que estean inscritos, unha camiseta de regalo e a bolsa do corredor.
- Servizos categoría escolar:
· Medalla, Camiseta, Bolsa de corredor.
· Sorteo de regalos o vales deportivos.
SAÍDA/META:
- No paseo Alcalde Antonio Blanco.
HORARIOS, DISTANCIAS E IDADES:
· 11:50, SUB 16-SUB 18 (2011 - ata os 17 anos); 1200m aprox.
· 12:00, SUB 14 (2012 – 2013); 1200m aprox.
· 12:10, SUB 12 (2014 – 2015); 600m aprox.
· 12:20, SUB 10 (2016 – 2017); 300m aprox
· 12:30, SUB 8 (2018 – 2019); 150m aprox
· 12:40, SUB 6 (2020 – posteriores); 80m aprox.
*Os atletas nacidos no 2009 e ata os 17 anos, poderán participar por invitación da organización na carreira Mini – Carmiña (5.4 Km). Baixo a denominación de categoría absoluta coma o resto de participantes
Solicitude: milerunningclub @ gmail.com.
2.- SERVIZOS O DEPORTISTA
A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico e controlarán os cruces ó longo do percorrido.
Contarase cun servizo de ambulancia, cun médico e cos seguros obrigatorios de responsabilidade civil e de accidentes.
Avituallamento líquido (durante o percorrido), e líquido e sólido ó rematala proba.
Camiseta técnica conmemorativa para todos os corredores inscritos.
Música ao longo do percorrido.
Concerto/DJ o finalizar a proba.
Cervexa o finalizar a proba.
Medalla finisher para os corredores que entren na liña de meta.
Bolsa do corredor.
Fotos, durante e o final da proba.
Servicio de autobuses.
Servicio de duchas no polideportivo da CAÑOTA.
Servicio de gardarroupa.
Premios os 3 primeiros de cada categoría.
3.- INSCRICIÓN E PRAZOS.
3a) Proba absoluta:
1º Prazo: - Ten un custe de 13 € no caso da CARMIÑA e de 10€ no caso da MINI- CARMIÑA, a través de
www.emesports.es ata o 25 de maio, ás 23:59h ou ata chegar o cupo de inscritos da proba (tarifa reducida). Recollida de dorsais tenda MILER (recomendable) ou o propio día da carreira.
2º prazo: - Ten un custe de 18 € no caso da CARMIÑA e de 16€ no caso da MINI-CARMIÑA, a través de
www.emesports.es ata o 1 de xuño ás 23:59h ou ata chegar o cupo de inscritos da proba. Recollida de dorsais o propio día da carreira.
3b) Menores:
A inscrición e GRATUÍTA. A INSCRICIÓN da proba de menores pode realizarse ata o mércores 4 de xuño en
www.emesports.es
- Poderán participar atletas federados e non federados.
OFERTA ESPECIAL PACK CARMIÑA-10K MARÍN
Haberá unha oferta especial para todo atleta que desexe inscribirse nas dúas probas Carmiña/MiniCarmiña e 10K Marín Manuel Rosales e a fecha límite sería ata o 25 de maio as 23:59 horas.
Carmiña/10Km Marín o prezo sería de 19€.
MiniCarmiña/10Km Marín o prezo sería de 17€.
Por 4€ máis os 150 primeiros inscritos do PACK CARMIÑA-10K MARÍN terán a opción de adquirir un cortaventos técnico como agasallo xunto coa bolsa do corredor.
*Nota (quedan exentos deste agasallo os atletas inscritos con praza reservada).
CLUBS DE ATLETISMO DO CONCELLO DE MARÍN
Haberá unha serie de prazas reservadas para os clubs de atletismo de Marín sempre e cando os corredores estean empadroados no municipio, tendo en vigor a ficha federativa. Ademais haberá prazas para os empadroados en Marín con licencia en vigor aínda que pertenzan a clubs de fora do municipio.
O realizar a inscrición todo corredor aboará directamente a cantidade de 1€ en
www.emesports.es tendo que facer a inscrición antes do 25 de maio as 23.59 h, a partir do 26 de maio estarán sometido a inscrición normal como calquera outro deportista.
PUNTOS DE RECOLLIDA.
- Si estás interesado en recoller o teu dorsal nun punto de recollida habilitados para o evento, deberás marcalo no momento de realizar a inscrición.
- Este servizo estará habilitado so para os inscritos do primeiro prazo, ata o 25 de maio.
- Os corredores que decidan esta opción, NON TERÁN OPCIÓN DE RECOLLELO O PROPIO DÍA DA PROBA.
- O CUSTE DE ESTE SERVICIO SERÁ DE 1€.
VIGO: - Bikila Vigo.
OURENSE: - Runmaniak.
LUGO: - Ndorfina Sports.
A CORUÑA: - Marathon Running Shop
- Decathlon Santiago.
4.- RECOLLIDA DE DORSAIS.
4.1.- Inscricións anteriores a o 25 de maio.
· TENDA MILER (horario comercial), rúa peregrina 6, soto. Pontevedra, o martes 3 de xuño de 17:00 a 20:00, mércores 4 de xuño ata o venres 6 de xuño, de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 e sábado 7 de xuño de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
· Ou o domingo, 8 de xuño, a partir das 8:30 horas ata 45´ antes do inicio da proba. NO PUNTO DE META. (NUNCA NA SAÍDA).
4.2.- Resto de inscritos.
NA ZONA DE META. Domingo, 8 de xuño, a partir das 8:30 horas ata 45´ antes do inicio da proba. NO PUNTO DE META. (NUNCA NA SAÍDA).
4.3.- PUNTOS DE RECOLLIDA: Os corredores que decidan esta opción non terán opción de recollelo o propio día da proba.
Recollida: martes 3 de xuño ata o sábado 7 de xuño en horario comercial.
5.-PERCORRIDO.
O percorrido será aproximadamente de 10,6km e transcorrerá por zonas de terra, praia e asfalto. En todo momento bordeando a costa do municipio de Marín, con saída dende a última praia, praia de Lapamán (ou praia do Couso), pasando polas diferentes praias, entrando na Escola Naval Militar ata chegar o reformado paseo Alcalde Antonio Blanco.
Praia de Lapamán (Praia do Couso).
Praia da Coviña.
Praia do Santo – Illa do Santo – Ermida de San Clemenzo.
Praia da Ribeira – Illote Pinela.
Miradoiro da Teoira.
Praia da Cova.
Praia de Loira.
Porto de Aguete.
Praia de Aguete.
Praia dos Enamorados.
Praia de Mogor.
Petróglifos de Mogor
Miradoiro do Monte de Mogor.
Miradoiro de Portocelo.
Praia de Portocelo.
Escola Naval Militar.
A Farola.
Paseo Alcalde Antonio Blanco
CARMIÑA - 10,6km.
Desnivel.
MINI-CARMIÑA: 5,4km. Saída Porto deportivo de AGUETE e meta no paseo ANTONIO BLANCO.
Desnivel.
6.- SERVICIO DE AUTOBUSES.
Haberá un servizo de autobuses para desprazar os corredores a liña de saída (antes da carreira). Cada corredor terá que solicitar este servizo no momento que realice a inscrición. Este servizo terá un custo de 1€ a maiores da inscrición.
IMPORTANTE: A entrega de dorsais darase no punto de meta, antes do desprazamento a saída.
7.- SERVICIO DE GARDARROUPA.
Haberá servizo de gardarroupa no punto de recollida de dorsais (na meta – recomendable) e no punto de saída, na praia de Lapamán e para os que fagan a MiniCarmiña no cruce que baixa entre o vial das parias e o porto deportivo.
8.- SERVICIO DE PARKING.
Debido as obras do novo auditorío, este ano non haberá servizo de parking (na Meta).
9.- - ENTREGA DE PREMIOS.
A entrega de premios será no PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO e comenzará sobre as 13:00 horas (aprox.).
Tódolos premiados deberán de estar presentes na entrega de premios. De non ser así, entenderase que renuncian ós premios acadados.
Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.
TROFEOS E PREMIOS.
Medallas ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría
Medalla ós/ás tres primeiros/as marinenses.
Medalla o corredor/a de maior idade.
PREMIOS MINI CARMIÑA:
Medallas ós/ás tres primeiros/as clasificados/as absolutos.
10.- CANCELACIÓNS
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolvera o importe da inscrición en ningún caso salvo baixa médica acreditada, presentada antes do 25 de maio (incluído) e enviada a milerunningclub @ gmail.com En caso contrario, non se fará o reembolso. A devolución do importe será do 50% do importe pago.
11.- NORMAS XERAIS.
- A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descualificado/a.
- Toda a proba estará controlada ó longo do percorrido a través dun Chip que se entregará a cada corredor.
- Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
- A organización non se fai responsable dos danos morais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
12.- UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.
- Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento-
13.- RESPONSABILIDADE
- A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
- A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
14.- RECLAMACIÓNS
- As reclamacións aos resultados oficiais deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
15.- LOPD
- Cada participante rexistrado declara o seguinte: “Estou en saúde óptima para participar na Carreira Carmiña. Durante o desenvolvemento da competición contribuirei o máximo posible coa Organización. Ademais, exento de toda responsabilidade a Organización, patrocinadores ou outras institucións participantes por calquera accidente ou lesión que poida sufrir antes, durante e / ou despois do evento deportivo, xa renunciando a calquera acción legal contra calquera das devanditas entidades.
- Tamén autorizo á Organización a facer uso publicitario de fotos, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poida aparecer, aceptando a publicación do meu nome na clasificación de probas, nos medios de comunicación e / ou en Internet, sen esperar ningún pago, compensación ou remuneración por este concepto ”. Segundo o L.O. 15/1999, informámosche de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo xerente é MILER RUNNING CLUB con domicilio social na Avenida Jaime Janer 61-bajo 36900 Marín (Pontevedra). O obxectivo deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos dos atletas ligados ao club. Se desexa exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, pode facelo escribindo ao enderezo indicado, achegando unha fotocopia do seu ID.
16.- COMPROMISO.
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
17.- CAMBIOS NO REGULAMENTO
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
18.- CONSIDERACIÓN FINAL.
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da WA en vigor e por esta orde para probas en ruta.
19.- PARA MAIS INFORMACIÓN.
Máis información a través do teléfono: 986843562 ou no correo-e: milerunningclub @ gmail.com