 
             
          
             Ven, 24 Ago 2018, 12:54
          
          
            Ven, 24 Ago 2018, 12:54            
            Asunto: Re: XXXIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO (9/9/18)
          
          
          Boas.
Sanmikel, 
Vizor e 
Xoixe moitas gracias pola vosa fidelidade. 
Xa está aberta a inscrición.
Inscrición XXXIV Carreira Popular Concello de Meaño
Recórdovos que un ano máis a proba é de balde, o que supón un gran esforzo económico por parte do Concello. Só se pide que cada un de vos traia 
un quilo de alimento non perecedoiro para axudar ó Programa de Emerxencia Social do Concello de Meaño. Desgraciadamente segue habendo familias que precisan de axuda. 
Teño que dicir que o ano pasado a aportación estivo por debaixo do esperado. 
Un quilo de alimento custa moito menos que a inscrición en calqueira outra proba, e ademais é para unha fin social.
Esperamos o mellor de todos vos.
Nos vindeiros días irei poñendo a información habitual da carreira (mapas, perfiles, fotos.... e se teño tempo un vídeo do percorrido).
Saúdos.          
                    
          Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es