Foros ›
XXVI Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra) 10/09/17
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 06 Xul 2017, 22:24
Asunto: XXVI Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra) 10/09/17

26ª CARREIRA POPULAR “GUNDIÁN 2017”
PONTE ULLA Vedra
10 de setembro

Inscrición
Inscrición obrigatoria e gratuíta en www.gundian.gal/inscricion
ata o 6 de setembro ás 23:59h.

Categorías
A Especial (masculina e feminina). Até 4 anos (nados/as do 2.013 ao 2.017)
A (masculina e feminina). De 4 a 8 anos (nados/as do 2.009 ao 2.012)
B (masculina e feminina). De 9 a 12 anos (nados/as do 2.005 ao 2.008)
C (masculina e feminina). De 13 a 15 anos (nados/as do 2.002 ao 2.004)
D (masculina e feminina). De 16 a 18 anos (nados/as do 1.999 ao 2.001)
E Feminina. De 19 a 35 anos (nadas do 1.982 ao 1.998)
E Masculina. De 19 a 40 anos (nados do 1.977 ao 1998)
F Feminina. Maiores de 35 anos (nados até o 1981 inclusive)
F Masculina. Maiores de 40 anos (nados até o 1976 inclusive)

Realización da proba

Recollida de dorsais: o 10 de setembro ata as 10:00 h no Restaurante Ríos (Ponte Ulla)
Saída: ás 10:30 h desde Ponte Ulla.
Percorrido: o circuíto consta de aproximadamente 4 quilómetros. Transcorre por ambas marxes do río Ulla, con chegada na ermida do Gundián. Para as categorías A Especial, A e B haberá percorridos máis curtos.

Premios
Vencedores/as absolutos/as: trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e 180 € (1º), 100 € (2º) e 75 € (3º), tanto na categoría feminina coma na masculina.
Primeiros/as e segundos/as de cada categoría (excepto para a Categoría A Especial): trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e vales para material deportivo por valor de 50 € (1º) e 35 € (2º) en Deportes Caneda.
Primeiros/as clasificados/as da parroquia (excepto para a Categoría A Especial): trofeos conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián doados por Super Ulla, tanto na categoría feminina como na masculina.
Premios conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián ao máis veterano/a e ao máis novo/a da carreira.

Os premios non serán acumulativos en ningún dos casos (só 1 premio por persoa).
Non poderán acceder aos trofeos e premios en metálico aqueles/as participantes que non presenten orixinal ou fotocopia do DNI ou do libro de familia.
As primeiras 300 persoas en inscribirse recibirán unha camiseta conmemorativa.
Todas as persoas participantes disporán de bebida, Donuts e froita.
Todos os partipantes das categorías A Especial e A que cheguen a meta recibiran un vale de 6 euros doado por Super Ulla.
Entre todos os participantes presentes no momento da entrega de premios faranse dous sorteos: unha bicicleta de montaña e o peso dun corredor/a (ou de seu pai/nai) en litros de gasóleo.
Condicións de participación
A inscrición nesta carreira popular implica que a persoa que se inscribe, ou o pai/nai/titor no caso de menores:
– Certifica que se atopa en bo estado de saúde.
– Exime de responsabilidade á organización por por calquera lesión ou padecemento producido por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante, así como de calquera outra circunstancia relacionada coa participación no evento (agresión, perda de obxectos persoais etc).
– Autoriza a organización á toma de fotografías e a utilización da súa imaxe en webs, redes sociais, publicacións, carteis etc, co obxecto de promocionar este evento en particular e o deporte en xeral. Calquera persoa poderá denegar o permiso de utilizar a súa imaxe previa solicitude á comisión organizadora da carreira, por escrito ou a través do correo contacto @ gundian.gal.

Conforme á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación de Veciños Virxe de Gundián. A finalidade do ficheiro é levar a cabo as xestións relacionadas coa inscrición na Carreira Popular do Gundián e informalo de futuras edicións e eventos deportivos organizados por esta asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderá facelo a través do correo contacto @ gundian.gal, acompañando a solicitude dunha fotocopia do seu DNI.

A organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte as presentes condicións de participación.

A organización poderá modificar calquera aspecto da proba de consideralo necesario.

As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento.


Última edición por Popular_de_Gundián o Mar, 15 Ago 2017, 22:51; editado 4 veces
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 06 Xul 2017, 22:47
Asunto: Re: XXVI Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra) 10/


Para os que xa nos coñecedes, unha web chea de recordos; Fotos, Historia da Carreira, Clasificacións históricas.
Os que non sepades o que é a Carreira de Gundián, en www.gundian.gal podesdes ver o Percorrido, o Regulamento e moitas mais cousas.
Un Saúdo a todos e esperamosvos ver na "nosa" casa, na "vosa" carreira, o vindeiro 10 de Setembro.
Craseski

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/10/14
0 Carreiras
179 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Set 2017, 8:54
Asunto: Re: XXVI Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra) 10/09/17

Bonita carrera, la cual ya está mas que consolidada en el calendario gallego.

Me encanta vuestra web, sobretodo el apartado histórico, en la web se ve el cariño que ponéis en los corredores. Ojalá la sigáis actualizando aunque me temo que los primeros datos de la carrera se han perdido.
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Set 2017, 0:12
Asunto: Re: XXVI Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra) 10/


Gracias a tod@s por participar nesta edicción 26 da Carreira de Gundián. Na nosa páxina web podedes consultar todas as Clasificacións, Fotos, etc.

Un Abrazo a tod@s e ata GUNDIÁN 2018 (09/09/2018).





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos