Foros ›
Carreira Pedestre de Campañó 2017 (CCCP)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
IMDPontevedra

Novo foreiro
Novo foreiro
27/12/16
0 Carreiras
3 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Mai 2017, 8:52
Asunto: Carreira Pedestre de Campañó 2017 (CCCP)

REGULAMENTO DA X CARREIRA PEDESTRE DE CAMPAÑÓ 2017

PREVIO Á CARREIRA

1. DATA. A Asociación Cultural e Deportiva de Campañó e o Concello de Pontevedra, organizan o sábado 27 de maio de 2017, a partir das 19.00 horas, a “X Carreira Pedestre de Campañó 2017”, na categoría de adultos/as.

2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas e acepten e cumpran as condicións de participación.

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Asociación Cultural e Deportiva de Campañó.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación Cultural e Deportiva de Campañó. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de Campañó así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

4. INSCRICIÓNS. Faranse ata as 23:59 horas do día 24 de maio de 2017 e e será en www.championchipnorte.com. Non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.

- Para as categorías promesas, seniors e veteranos/as na que o/a deportista pagará a cota de 5 € máis, e de ser o caso, 2 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso).
a) No caso de que o/a deportista das categorías promesas, seniors e veteranos que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da carreira, marcando a casilla axeitada na inscrición en web, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 2 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de inscrición. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
Ojo morado Se o/a participante é veciño/a de Campañó deberá de inscribirse na propia sede da Asociación Cultural Deportiva Campañó e a inscrición será de balde.

- Para a categoría xuvenil (nados nos anos 2001 e 2000) o/a deportista non pagará a cota agás, de ser o caso, 2 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso), e fará a inscrición na web.
- Para as categorías dende Chupete ata Cadete, a inscrición é de balde e se inscriben o mesmo día da carreira dende as 12.00 ata as 17.00 horas na Casa da Cultura de Campañó (Campo da Festa de Cabaleiro).
- Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2017, será de balde.

Inscricións de menores de idade:
Só o día 27/05 entre as 12.00 e as 18.00 h na Casa da Cultura de Campañó (Campo da Festa de Cabaleiro) persoalmente o titor/a, co nome e teléfono de contacto, con cota de participación de balde, e sin necesidade de chip de control de tempos
Chupete / De 00 a 04 / 2017 – 2013
Pitufo/a / De 05 A 07 / 2012 – 2010
Benxamín / De 08 A 09 / 2009 – 2008
Alevín / De 10 A 11 / 2007 – 2006
Infantil / De 12 A 13 / 2005 – 2004
Cadete / De 14 A 15 / 2003 – 2002

Inscricións para Xuvenís e maiores de idade:
A través da web ata as 23.59 horas do 24/05 a través de www.championchipnorte.com, e recollida de dorsais o día 27 de maio entre as 12.00 e as 18.00 horas na Casa da Cultura de Campañó (Campo da Festa de Cabaleiro), con control de tempos por chip (2 € de aluguer en caso de non telo en propiedade).
Xuvenil / De 16 a 17 / 2001 – 2000
Promesas/ De 18 a 22
Senior De 23 A 34
Veteranos/as 1 De 35 A 39
Veteranos/as 2 De 40 A 44
Veteranos/as 3 De 45 A 49
Veteranos/as 4 De 50 A 54
Veteranos/as 5 De 55 A 59
Veteranos/as 6 De 60 A 64
Veteranos/as 7 De 65 En diante


DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

5. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. Coller a estrada que une Pontevedra con Vilagarcía (PO531) e aos 3 quilómetros de Pontevedra, desviarse á esquerda póla VRG 4.8 dirección Campañó / Poio. Unha vez nesta estrada, coller a saída Fragamoreira – Campañó e ao chegar á rotonda, continúe á dereita e atopará os indicadores de aparcadoiros gratuítos.

6. AGASALLO. Os/as participantes poderán recoller o seu agasallo, na Casa da Cultura de Campañó, o propio día da carreira dende ás 12:00 ata ás 18:00.

7. DISTANCIAS
Benxamín saída ás 17.40 na distancia de 500 metros
Alevín saída ás 17.50 na distancia de 800 metros
Infantil saída ás 18.00 na distancia de 1.600 metros
Cadete saída ás 18.00 na distancia de 1.600 metros
Pitufos/as saída ás 18.10 na distancia de 100 metros
Chupetes saída ás 18.15 na distancia de 50 metros
Xuvenil saída ás 19.00 na distancia 1 volta de 4.250 m
Promesas, Sénior, Veteranos/as 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 saída ás 19.00 con 2 voltas de 4.250 m cada unha

7. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición na Casa da Cultura de Campañó (xunto á saída).

8. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCDENTES. Todos as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e un médico para a atención.

9. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto onde haberá diversos controis de paso obrigatorios. A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).

10. AVITUALLAMENTO. Haberá avituallamento líquido durante o percorrido e ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.

11. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou os xuíces, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.

12. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.

13. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.

14. OUTROS. Na liña de meta os/as participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...

POSTERIOR Á CARREIRA

15. DUCHAS. Os/as participantes terán un servizo de duchas na Casa da Cultura de Campañó, ata as 20.00h.

16. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación; os premios non son acumulativos.
Absoluta Masculina 1º Trofeo + 250 €, 2º Trofeo + 150 €, 3º Trofeo + 100 €
Absoluta Feminina 1º Trofeo + 250 €, 2º Trofeo + 150 €, 3º Trofeo + 100 €

Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría Xuvenil, Promesas, Senior e Veteranos/as

Nas categorías Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete recibirán unha medalla todos os que rematen a súa carreira.
Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non estiveran comprometidos polo arriba exposto. Para optar ao trofeo de primeiro/a residente en Campañó é obrigatorio estar empadroado en Campañó dende xaneiro do ano en curso.

17. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 20:15 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma e responder inmediatamente ao seu chamado, podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico. Ao comezo da cerimonia de premiación realizaranse os seguintes sorteos

18. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá:
Ao principio da entrega de premios
- Sorteo de 1 estancia para 2 persoas no “Hotel Rural Campaniola”.
- Sorteo dunha cea para dúas persoas no “Hotel Rural Campaniola”.
- Sorteo dunha cea para dúas persoas no “Asador Los Olivos”.

Ao remate da entrega de premios
- Un pincho para todos/as os participantes e acompañantes.
- Sorteo de agasallos e material deportivo entre todos/as os participantes.

19. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información no correo-e carreiracampano @ gmail.com ou en www.facebook.com/carreiradecampano





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos