 
             
          
             Lun, 24 Out 2016, 17:55
          
          
            Lun, 24 Out 2016, 17:55            
            Asunto: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR
          
          
          A organización da Andaina Bisbarra do Sar, con motivo do seu décimo aniversario, anuncia a celebración do 
Iº TRAIL BISBARRA DO SAR
Esta edición terá lugar o 
01/04/2017 no Concello de Padrón, cun percorrido circular de 15 quilometros (desnivel aproximado +600 m) polo monte Meda.
PERCORRIDO
Lugar: Padrón
Saída e Chegada: Paseo do Espolón
Circular de 15 Km. (desnivel aproximado +600 m) sinalizado con fitas e marcas no chan, que transitará polo monte Meda.
Haberá tramos de asfalto (3 Km), camiños (4 Km), pistas forestais (4 K) e cortalumes (4 K).
Nalgúns puntos cruzaranse estradas con tráfico, ainda que vixiados por membros de Protección civil, debese ter a máxima precaución e respectar as normas de circulación
DORSAIS:
Entregaranse o día da proba no punto de encontro (Poli. Mpal. do Souto, ao lado do campo de fútbol), entre as  09:15 h. e as 10:45. 
A entrega será personalizada (poderase solicitar acreditación oficial) previa firma na folla de control.
A organización poderá establecer un control para retirar a tódolos participantes sen dorsal.
TROFEOS:
A entrega de trofeos realizarase a partir das 13:15 nun espazo preto da liña de meta.
Aos 3  primeiros HOMES en categoría Senior (ata 45 anos) e Veterano (+ 45)
As 3  primeiras  MULLERES en categoría Senior (ata 40 anos) e Veterana (+ 40)
A os 3 primeiros  EQUIPOS (suma dos tempos d@s 3 mellores corredor@s de cada equipo, que deberá  ser mixto e ter un mínimo de 5 compoñentes).
A organización poderá solicitar a os atletas xustificar a súa idade.
INSCRICIÓNS:
PRAZOS:  01 de XANEIRO ata 29 de MARZO (20:00 h.)
MÁXIMO:  250 PARTICIPANTES.
PRECIOS: 
-XANEIRO	8 €
-FEBREIRO	10 €		
-MARZO (ata 29/03) 12 €
Ligazóns:
Web asociada
Facebook 
I Trail Bisbarra do Sar 
Google+ 
Trail Bisbarra do Sar
Información e inscricións a partir do 01/01/2017 na plataforma 
http://trailbisbarra.galitiming.com          
                    
Última edición por U o Mér, 01 Mar 2017, 20:00; editado 6 veces