Foros ›
Entrega premios do Circuito de Carreiras de Pontevedra 13
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Dec 2013, 9:53
Asunto: Entrega premios do Circuito de Carreiras de Pontevedra 13

A organización do CCCP 2013 informa:

"Xa rematou o histórico primeiro Circuito de Carreiras de Pontevedra (CCCP) e dende a organización queremos convidarte á túa Gala de Entrega de Premios do Circuito de Carreiras de Pontevedra 2013 (CCCP), que terá lugar o vindeiro día 28 de decembro de 2013 (sábado) na praza da Ferrería de Pontevedra, ás 12.00 horas.

Neste acto entregaremos os premios en cada unha das categorías e aos gañadores absolutos e absolutas, e aproveitaremos e presentaremos o novo calendario para o vindeiro ano do CCCP 2014.

Por favor queremos pedirvos que as persoas que recibiredes un trofeo confirmedes a vosa presencia escribindo a imdadministracion @ pontevedra.eu indicando o voso nome e si contamos con vós. Agardamos polos corredores e corredoras do CCCP 2013 e por todos os amigos do atletismo popular da nosa comarca.

En caso de mal tempo trasladarase ao Teatro Principal de Pontevedra, e para revisar os resultados finais do CCCP 2013 podes facelo en [url=http://www.championchipnorte.com/externos/20130409133445_I_CIRCUITO_DE_CARREIRAS_DE_PONTEVEDRA_2013_(CCCP)/CCCP_2013.htm]http://www.championchipnorte.com/externos/20130409133445_I_CIRCUITO_DE_CARREIRAS_DE_PONTEVEDRA_2013_(CCCP)/CCCP_2013.htm[/url]

Recibide o desexo de boas festas e de saúde para todos vós en nome da Concellería de Deportes do Concello de Pontevedra e do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.

VÉMONOS O DÍA 28 NA HISTÓRICA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO CCCP 2013
_______________________________________
Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra
Concello de Pontevedra
Rúa Juan Manuel Pintos, s/nº
E-36005 - Pontevedra
T. (+34) 986 872 013 / F. (+34) 986 872 012
imdadministracion @ pontevedra.eu"
POFF

Novo foreiro
Novo foreiro
6/07/12
100 Carreiras
46 Mensaxes
MARIN
Respostar citando Envío Ven, 13 Dec 2013, 0:04
Asunto: Re: Entrega premios do Circuito de Carreiras de Pontevedra 1

Alguien sabe si los premiados son todos los que están en la lista de las distintas categorías?.
Gracias.
juli74

Maratoniano
Maratoniano
8/12/09
0 Carreiras
51 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Ven, 13 Dec 2013, 15:39
Asunto: Re: Entrega premios do Circuito de Carreiras de Pontevedra 13

Espero que te sirva de ayuda

www.sgpontevedra.com/w...CP2013.pdf





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos