Foros ›
Autor
Mensaxe
Linneo

Maratoniano
Maratoniano
25/12/06
58 Carreiras
418 Mensaxes
Compostela
Respostar citando Envío Mér, 10 Xan 2007, 12:08
Asunto: Boboras 14-1-2007

Hai na páxina www.ourenseatletismo.com/blog/ a seguinte informaçao:
14/01/2007
- Popular de Boborás (Boborás)
Alguén sabe alguma coisa?
VicMan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
21/11/06
0 Carreiras
300 Mensaxes
Colorado Springs
Respostar citando Envío Mér, 10 Xan 2007, 14:34
Asunto:

O unico que sei é que esta popular o parecer é bastante dura, subidas e baixadas, pero ó parecer gustalle a xente. O sitio queda ó pasar Carballiño, pola estrada de Orense-Pontevedra. Eu non vou ir, o domingo hai quedada en O Pino.
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Mér, 10 Xan 2007, 16:49
Asunto:

Moi boas a todos:
Estoume plantexando ir a Boborás (ainda que me queda no quinto ... Abraiado ), alguén sabe algo mais do recorrido da carreira?
Saudos para todos.
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Mér, 10 Xan 2007, 20:33
Asunto:

Hooooola , pois como decía Vicman e das carreiras que nos gustan a maioría, empezase con un km escaso de asfalto casi llano dende o pobo hasta enlazar cunha pista de terra e empezamos a rampa mais dura outro km, logo llaneamos no alto do monte outro baixada subida, baixada subida,baixada subida, non me raiei é así o percorrido pero son tramos mais ben cortos e solo se fan duros se os facemos a tope se non son moi divertidos... por último enlazamos de novo coa pista onde empezamos, sempre baixando volvemos o asfalto uns 200mts, xiro a esquerda e derradeiros 800mts por terra deica o pavillón......moi ben a xente da organización con duchas e deica agora sempre puxeron un chocolate o remate da proba dentro do pavillon......vinde que merece a pena.
Corredoiras

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/11/06
0 Carreiras
157 Mensaxes
Republica das canellas
Respostar citando Envío Xov, 11 Xan 2007, 14:28
Asunto:

SE O PINTAS TAN BEN HABERA QUE IR, AINDA QUE ULTIMAMENTE ESTOU MOI BAiXO E O MEU RENDEMENTO E ESCASO, PERO COMO ACOSTRUMBRO A FACER SERA UN ENTRENO CON DORSAL...VEMONOS

LEMBRADE MINERALIZARVOS E SUPERVITAMINARVOS
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1360 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Xan 2007, 20:41
Asunto:

Crónica: "Boborás desde atrás"
Barbanzón é un liante. Chama o martes: "vente conmigo a Boborás; un cross popular de 10 km; así remato o entrenamento para a media de Viana da semana que ven.... " Para un fora de serie coma min (vamos, fora de serie, porque chegar a megachachisuperpasteleiro, é para este menda unha utopía), aquelo era un atentado á integridade cardíaca. Pero claro, cando me pregunta que por donde caerá Boborás...bueeeeeno, haberá que ir, que aínda se nos vai a perder!!!!
Como a quedada do Pino me viña grande ("por moito que che digan que van a ir amodo, vaste escarallar na primeira costa e seguro que logo non hai cobertura no móvil para chamar un taaaaxi"), e como nunca sei decir que non, pois "embarcoume".
Total, que alá nos imos camiño do val do Arenteiro. Recibeunos un tempo pechado de néboa e un frío de carallo: 2 grados baixo cero por Lalín!! "Traerás os guantes??" Asubiei mentras mirando para outro lado...En Boborás, uns carteliños anunciaban "Parking cross" e "Saída cross". As organizacións das vilas pequenas coidan eses pequenos e agradecidos detalles.
Anotámonos nunha vila tomada por unha horda de "enmallados" e fixemos un quencemento de media hora. Os 15 minutos de demora fixeronse longos...bueno, máis que longos, fríos...
Uns 200 participantes a ollo de bo cubeiro, ducia arriba, ducia abaixo...
A estratexia de carreira: estilo PP, moi conservadora (ufff...non sei si borrar esto, que logo igual se me mosquea parte da peña!!!). Bueno, en fin, que iba a ver a carreira desde a cola do pelotón.
A salida dos primeiros, coma sempre, vistos e non vistos...en parte pola néboa, todo hai que decilo. Tan espesa era esta néboa, que ós poucos metros baixan dous "pitufiños" de volta, con cara chorosa; daban a volta...¡¡porque tiñan medo!!! Pobriños....
Como tiña lido o comentario de Afiador sobre o perfil da carreira, deixeime ir amodiño. Por certo, Afiador, graciñas!!!!, clavadiño a como o contas!!!! No segundo quilómetro, mitade por orgullo, mitade porque a mín tamén xa me estaba entrando o "caguenle" da néboa, empecei a adiantar a algún compañeiros....
Subida continua hasta casi o terceiro quilómetro para entrar logo nos tobogáns de subida-baixada que pronosticaba Afiador. Por certo, o avituallamento, no km. 2!!!....co cal o pobre paisaniño casi rogaba de rodillas que alguén lle collese unha botella de auga. A pista, en moi bo estado para correr. Pero o frío facía que a respiración fose un pouco entrecortada....
Nunha das subidas sinto detrás como un xemido "cuasi orgásmico" tipo Sharapova (os seguidores do tenis, xa me entendedes)...Tres mozas viñanme pisando os talóns. ¿Que se fai nestes casos? Barriga adentro, peito afora....e aínda que se vaia sin alento, hai que manter a dignidade...
Unhas frases de vacile e xa tiña compañeiras de fatigas...Outras baixadas, outras subidiñas (cos respectivos xemidiños da Sharapova, que a estas alturas xa eran un estímulo coma outro calqueira).
Todos tíñamos a idea de que o recorrido era de 10 km., polo que cando, despois de pasar o km. 8 (ah, os quilómetros perfectamente indicados), vexo a indicación de "800 metros para meta" non daba crédito ó que vía. "Diosssss, vou como unha máquina" Mágoa que non fose verdade...A todo esto unha das compañeiras da Sharapova, viña ó meu par e diante outra parella a uns 30 metros. "¿A por eles?" "Veña!!" Que fácil é decilo, pero que difícil facelo cando as pernas non queren. "Están verdes, dixo a raposa".
Na meta esperabame o meu colega Barbanzón. 34 minutos. Un fiera!!! Estou falando del, por suposto....Eu...bueno, dame un pouco de vergoña, pero claro, o anonimato é o que ten.. 48:16. De premio, un par de vasos de chocolate quentiiiiiiiiiiiño; un bote de Aquarius Cola (xa falaremos do tema!!!!) e unha camiseta bermellona....e mirade vos, máis contento que unhas pascuas.
Volta correndo para o Barbanza, que ás 4 xogaban os meus chavales do futbol (tamén son adestrador)...por certo, que gañamos 1-2, pero esto...claro...xa é outra historia para contar nos foros do Marca...jejejejje
Afiador

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/09/06
0 Carreiras
512 Mensaxes
Terra da chispa
Respostar citando Envío Dom, 14 Xan 2007, 21:40
Asunto:

Alegrome que o pasaras tan ben Urko é o mellor que nos pode pasar nunha carreira, sobre a carreira en si e o percorrido non nos deixas moito que contar, pero solo engadir que xa podía haber mais carreiras así como esta que se salen da "rutina" das demais populares é felicitar os organizadores pola organización tanto na sinalización do circuito como no esforzo por conseguir tanto fruta como augas, os "famosos" aquarios cola (que non hai quen o trague pero eso xa non é culpa da organización) e ese chocolate que todos repetimos .. ......é tamen por eses 65 trofeos que repartiron, os rapaces quedaron encantados porque non se lle fai moito caso normalmente e aquí había moooitos para eles. ......deica o ano Boborás. [/code][/u]
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Xan 2007, 22:24
Asunto:

Hola a todas e todos:
Acabo de le-lo comentario de Urko e certamente é unha carreira moi chula. Este ano era a primeira vez que me animaba a achegarme ata Boborás, a o ano pasado pensei en ir, pero despois da nevada do día anterior que mellor quedar na casa que por aqueles lares a invernía e moi dura.
O chegar a Boborás todo perfectamente indicado, amplio parking ó lado da meta e do pavillón onde se atopaban as ducahs. Logo a inscripción e os dorsais sen aglomeracións no mesmo concello.
Atopo algún coñecidos e quento polas rúas da aldea, onde, por certo,o unico bar estaba pechado.
A saída pola rúa onde se atopa o concello, algo estreita, pero suficiente para o número de corredores saída do pueblo por asfalto ata abandonar as últimas casas onde comeza o camiñó de terra. Logo arredor do quilómetro dous subida importante e prolongada vou a carón do meu amigo Ismael, pero el na subida queda algo atrás, dime que vai tranqui ata coller a honda da subida logo xa me pillará. pasamos o habituallamente e non me atrevo a coller aunga, igual me leva os dentes para a barriga. Logo baixadas e subidas, algunha baixada tremenda, pasamos xesteiras, piñeirais, etc. algunha congostra ata desembocar noutra pequena subida no quilómetro sete aproximadamete, alí aparece outra vez Ismael que ven cun ritmo de carallo, dígolle que pase e que siga, pero dime que vai levala última subida con calma que se fai duriña e efectivamente a última subida e dura e cando xa se ve o remate e comeza o desenso é pura ilusión baixas uns metros e volta a subir, pero esta vez a subida e pequenota, como dicía Ismael que xa correra o ano pasado. Logo xa o citado cartel de que faltaban 800 m. e regreso o pavillón para colle-la froita, o chocolate e a camiseta.
Agradecemento a organización por ser capaz de organizar unha carreira tan singular (sin asfalto) e facelo de forma tan eficiente.
Ogallá algunha das carreiras que actualmente existen se fixeran nun circuito polo monte, con tantísimo quilómetros de pistas e estradas de montaña que temos en Galicia.
Unha aperta a todos e para o ano non vos podedes perder esta carreira é moi bonita e ademais e das poucas deste tipo que temos.
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Xan 2007, 22:28
Asunto:

perdón polos erros, sempre me pasa igual.
lease AVITUALLAMENTO E DESCENSO.
Un saúdo.
Barbanzon

Montañés
Montañés
8/06/06
0 Carreiras
660 Mensaxes
O Barbanza
Respostar citando Envío Lun, 15 Xan 2007, 11:16
Asunto:

Moi bos días a todo/as:
Antes de nada, moitas grazas Afiador polos teus comentarios do percorrido, moi acertados.
Quero adicarlle a miña crónica o meu amigo castinheiras, que por compromisos adquiridos con anterioridade non puido acudir á carreira, sintoo moito amigo, que sei que o ias pasar moi ben...
Chegamos a Boborás (urko e mais eu), e sorpresa, está moi ben indicado todo, parking, recollida de dorsais (tiñan que aprender moitas carreiras multitudinarias...). Saimos un pouquiño mais tarde do previsto, e non pasa nada, pero é que facía un frio de carallo... Avergoñado , coido que debíamos estar arredor dun grado por enrriba de cero... uffff...
A saida quizais un pouco estreita, pero sin problemas, percorremos un pequeno treito de asfalto, e comeza a terra, e a disfrutar... Avergoñado
Despois de ler os comentarios de afiador, son prudente, sei que ao comezo hai unha subida longa, polo tanto vou tranquilo. Unha vez arriba, chegan os sube-baixas, e despois de sufrir durante un ratiño, xa vexo o cartel dos 800 mtrs. para o final... ¡Coño!, pero xa levamos dez kilómetros, ao final resulta que non son dez kilómetros... da o mesmo, e menos mal, porque estou bastante desfeito, chego a meta, xa era hora... Avergoñado Avergoñado Está craro, que non estou no meu millor momento de forma.
A carreira estupenda, os camiños moi anchos e moi ben sinalizada, e que decir do chocolate... Ríndose Noraboa aos organizadores, estupenda carreira e moi ben feita... tiñan que tomar boa nota outros organizadores... Mais terra e menos asfalto...
Despois de ventilar o chocolate (e queimar a lingua... Avergoñado ) a esperar polo colega urko, aí chega o tipo, mecajo en tal, chega ligando, iso chámase aproveitar ben a carreira.... Ríndose Ríndose
Un saudo para todos, vémonos para o ano, e agardo que poida ir castinheiras, que seguro que a vai disfrutar moito...
Corredoiras

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/11/06
0 Carreiras
157 Mensaxes
Republica das canellas
Respostar citando Envío Lun, 15 Xan 2007, 11:30
Asunto:

feliciadades Afiador que por si alguen non se enterou foi o ganador absoluto e indiscutible desta proba..Noraboa, teño unha foto tua recolledo o trofeo inprimocha e xa che a fago chegar.

LEMBRADE MINERALIZARVOS E SUPERVITAMINARVOS
khene

Maratoniano
Maratoniano
19/09/06
300 Carreiras
4160 Mensaxes
Khenesfera
Respostar citando Envío Lun, 15 Xan 2007, 11:51
Asunto:

Enhorabuena a todos!! Moi feliz . Especialmente a URKO. Para ser un megachachisuperpasteleiro deberías haber hecho los 10 km en más de 50'. Lo siento mucho pero con 48:16 te encuadras en los pasteleros a secas y, si sigues entrenando, pronto te vas a desmarcar y abandonar esta magnífica categoría de élite VIP. Mis últimos 10 km los hice en 50'00" (y bien orgulloso que estoy Moi feliz ... de haber conseguido terminar Ríndose ).

Ánimo y a seguir adelante Moi feliz . Nos vemos Guiño

Afiador, enhorabuena por tu triunfo!!! Moi feliz Moi feliz Moi feliz


castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Lun, 15 Xan 2007, 12:30
Asunto:

¡joder! outro máis que me jana. Urkiño non podemos ir por ai deixando mal a xente. Noraboa a todos os participantes por disfrutar de unha carreira bonita e ben organizada e tamén a organización, que supoño que tendría algo que ver co tema.
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1360 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Xan 2007, 14:09
Asunto:

Un matiz para Khene e Castinheiras:
Aínda que a proba se anunciou como de 10.000 m., a distancia real debían ser uns 8.600 m. Por eso, moitas gracias polos vosos ánimos (que non vos imaxinades como motivan!!!!), pero o tempo extrapolado a 10 km, sería de 56'. Ou sexa, que me queda moito para ir coma vos...
E para rematar: animar a toda a peña a que para o ano participen nesta proba xa é realmente estupenda; felicitar á organización xa que todo estuvo ás mil maravillas; e felicitar tamén ó Afiador que polo que vexo foi o vencedor...por certo, (e perdón pola miña incultura pero é que aínda non coñezo ós cracks do mundiño este), ¿non sería o mesmo que gañou Penedos do Lobo??
khene

Maratoniano
Maratoniano
19/09/06
300 Carreiras
4160 Mensaxes
Khenesfera
Respostar citando Envío Lun, 15 Xan 2007, 14:28
Asunto:

URKO, ahora que no nos lee nadie. Ríndose Mi entrenamiento de ayer fue a 6'30"/km. Sigues siendo más rápido que yo Guiño Ríndose Ríndose







Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos