Lun, 11 Dec 2006, 12:26
Asunto: VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES O SABADO 23-12
Este ano a carreira é o sábado 23 de decembro, co mesmo percorrido que os anos anteriores.
O martes pasado envieina ó calendario pero non saiu publicada de momento, ¿alguen sabe porque?.
Prosigo ca informacion. Haberá distintas categorias e 3 carreiras para pequenos antes da proba grande. Estas carreiras de pequenos se inician ás 16.30 h. A proba grande, cun percorrido que non chega ós 5 kilómetros será ás 17 h. Ã? remate desta carreira, mentres a organizacion saca o listado de gañadores, faise unha carreira para os pitufos ata 4 anos.
Trofeos ós 3 primeiros da xeral, e medalla de recordo os 3 gañadores de cada categoria, así como unha camiseta de recordo ós 200 primeiros inscritos. Tamén trofeo de recordo ó corredor e corredora mais veteranos.
Inscripcion e mais información nos telefonos do Concello de Pontecesures en horario de 8 a 15 h. 986 564 410 e 986 564 403, preguntando por Fran Freiria ou José Rodríguez.
O percorrido para quen non o coñeza é o mesmo de anos anteriores e o seu perfil é llano ata unha única subida, pronunciada, duns 70 -80 metros, e enseguida unha baixada tamén pronunciada que medirá 100 m. escasos. Logo volta a ser en llano ata a meta. Os que viñeron a correr din que é un bo circuito, tendo en conta que polas limitacións do rio, via do tren e carreteras nacional e comarcal non temos outra posibilidade de circuito.
Animádevos e nos vemos o 23 en Pontecesures. Por certo, estamos entre Padrón e Valga!!!