Sáb, 28 Out 2006, 0:54
Asunto:
Este tema non é unha coña... tanto pola saúde do gañador (tres meses alomenos en dique seco non son unha coña para alguén que vive disto, digo eu)... por outra banda, é triste que so aparezan certos deportes noite e día nos medios de comunicación, e outro solo polo "cachondeo", pola "anécdota" ou por cuestións máis "tráxicas".
O único deporte que admiro e ten repercusión mediática é o ciclismo... deporte que, por certo, leva unha boa tempada de mal en peor polos temas de "doping"... en fin, que vou decir que non saibades xa... por desgracia iso é unha constante en case todos os deportes ao chegar a certo nivel... ¡¡¡¡ostras!!!! ¡¡¡¡
Piti non te me "endrojes" nunca neniña, que "lojo" pasa o que pasa!!!!
Penso que a corto ou medio plazo é inevitable que certos deportes sigan como sempre... e máis ainda a nivel afeccionado... por exemplo... a Marathon do Baixo Miño... ¿en cantos xornais galegos foi noticia? ¿E nacionais?... con sorte aparecerá algunha reportaxe de 20 liñas nalgunha revista especializada falando, sobre todo, da "meteoroloxía desfavorable" ... e eu me pregunto ¿qué terá feito esa ciencia que estudia o clima para estar en contra dos atletas?