Foros ›
Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (19/5/2024)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
OrEK

Maratoniano
Maratoniano
7/01/18
99 Carreiras
468 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2024, 18:59
Asunto: Re: Media Maraton O Grove-Sanxenxo

Anotado!!
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1151 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 18 Abr 2024, 23:27
Asunto: Re: Media Maraton O Grove-Sanxenxo

Anotado e presentando a miña candidatura para pechacancelas da proba da Media Maratón Silbar Silbar . Veremos se non vai moita calor dentro dun mes e o vento non sopra demasiado forte. Os obxectivos, chegar a meta, non mancarse e correr por uns sitios chulos e novedosos para min (so corrín polo entorno da Toxa hai moitos anos, na carreira do marisco)

Se eu puiden, ti tamén...
Noko360

Novo foreiro
Novo foreiro
25/10/19
10 Carreiras
40 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 10 Mai 2024, 18:35
Asunto: Re: Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (19/5/2024)

Hola rapazada! recordade que este domingo as 23:59 temos cambio de prezo na inscrición. En 10 dias vémonos na saída de O GROVE!!
Javitxu

Maratoniano
Maratoniano
8/11/11
0 Carreiras
288 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 15 Mai 2024, 13:47
Asunto: Re: Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (19/5/2024)

Boas tardes, alguen sabe donde se pode aparcar ben en Sanxenxo??
Graciñas
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
90 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Mai 2024, 9:58
Asunto: Re: Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (19/5/2024)

Onte tiven a oportunidade de participar nesta proba e resultou moi desfrutable (e por partes, sufrible). As costas desde a Lanzada ata Sanxenxo deixan claro que non é un percorrido para facer marca nesta distancia, menos mal que os últimos 3 km daban un pouco de tregua. O último quilómetro recordoume en certa maneira á VigBay, neste caso vendo ó arco de meta ó lonxe tendo que bordear o paseo marítimo de Sanxenxo.

Noraboa á organización, todo perfecto na loxística da proba: sitio onde aparcar, servizo de bus, entrega de dorsais, gardarroupa, duchas, bonita camiseta, medalla conmemorativa...

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia
OrEK

Maratoniano
Maratoniano
7/01/18
99 Carreiras
468 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Lun, 20 Mai 2024, 16:46
Asunto: Re: Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (19/5/2024)

Pois gratamente sorprendido desta carreira.
Pese a que quede un pouco lonxe, tentarei ser da partida o vindeiro ano se as fechas son favorables.

Como comentario constructivo si que miraría de que a organización ollase a posiblidade de que se cumpra a distancia de media maratón, porque quedei en meta con 20.8km, que é un pouco toc meu, pero bueno, cando vou a unha media, ainda que non seña homologada, a min gustame completar a distancia jejejej

Polo demais notabase que estaba organizada con mimo e ganas!
orion764

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/13
18 Carreiras
829 Mensaxes
Santiago Compostela
Respostar citando Envío Lun, 20 Mai 2024, 16:53
Asunto: Re: Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (19/5/2024)

Buenas, mi experiencia con esta Media ha sido muy buena en todos los aspectos. Desde la propia llegada a Sanxenxo temprano para coger uno de los buses hacia la salida que salio puntual. LLegada a O Grove y recogida de dorsal y bolsa sin apuros. Tiempo para un café e ir al baño en las muchas cafeterias cercanas a la salida. Guardarropa sin problemas y lugar de sobra para calentar un poco antes de la salida.
El recorrido muy bonito (personalmente lo conozco de sobra desde niño), el paso por A Toxa precioso y con público animando. Carretera cortada al tráfico en todo el recorrido, avituallamientos cada 5km aprox. y un circuito llano y fácil en los primeros 11km y un sube baja en los 10 siguientes. Bastantes participantes entre las tres pruebas (MM, MM relevos y 10K) y hasta algo de público en bastantes zonas de recorrido (O Grove, A Toxa, A Lanzada, Portonovo y por supuesto la entrada en Silgar-Sanxenxo).
LLegada expectacular y muy buen avituallamiento final. La medalla finisher y la camiseta muy bonitas tambien. Duchas justo en la meta y las furgonetas con el guardarropa esperando allí mismo.
En lo personal a mi me salio 20,81km y D+167m acabando en neto en 1h54' largos que me dejaron muy contento porque a partir del km 18 ya me note sin fuerzas.
Media para repetir sin duda.
ZeusOurense

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
20/07/09
0 Carreiras
1046 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Mar, 21 Mai 2024, 7:25
Asunto: Re: Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (19/5/2024)

Pois estou de acordo coas opinións anteriores, trátase dunha media maratón totalmente recomendable e que espero repetir. Boa organización, bo ambiente e percorrido moi bonito. O tempo respectou e aínda que fixo algo de sol no tramo da Lanzada, a maioría do tempo había nubes e non fixo vento.

No persoal, saín convencido de facer o primeiro 10K a un bo ritmo e logo intentar sufrir para mantelo na segunda parte, que con tanto sube e baixa faise duro. Polo meu reloxo saíron 20.7K, máis estou contento por ter sido capaz de correr a unha media de 4' o km (3' máis rápido que na Vig Bay fai 1 mes).

Se queres recibir as alertas das novas carreiras en Galicia, únete a esta canle de Telegram: t.me/carreiras_galicia
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1151 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Mai 2024, 8:29
Asunto: Re: Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (19/5/2024)

Primeiro de todo, parabéns á organización, pola miña parte todos os servizos utilizados (autobús, entrega de dorsais, gardarroupa, avituallamento en carreira e na meta) funcionaron perfectamente. Como comentan os compañeiros por aí arriba, o único "pero" é que a distancia queda en 20.8 km , que aínda que non sexa homologada, sempre che gusta que se achegue o máis posible. Non creo que sexa dificil para vindeiras edicións conseguir eses 300 metros extra, na propia volta á illa da Toxa xa hai a posibilidade de facelo sen comprometer o resto do percorrido, ó rematar a rua D.Pedro, en lugar de coller xa para o Paseo do Mar, facer unha pequena volta, pasando diante da Ermida, rodear o primeiro edificio e logo collendo a rúa Cortegada ata enlazar co Paseo do Mar.

Boa participación, que espero que se incremente en vindeiras edicións, xa que supoño que este ano, por exemplo, xente da zona de Vigo quedou na carreira de Samil, por estar máis perto da casa. Ós da zona de Vigo, recoméndovos que probedes esta proba en vindeiras edicicións, aparte da boa organización, atoparedes un percorrido fermoso, non apto para marca como xa comentaron os compañeiros, pero con certas similitudes coa "nosa" Vig-Bay. Eu non coñecía o traxecto e a verdade é que a segunda metade é dura, nada máis pasar a ermida da Lanzada xa se complica moito a cousa con respecto á primeira metade. Varias subidas de certa esixencia nesta segunda parte do percorrido coas suas correspondentes baixadas. Afortunadamente libramos do vento e a climatoloxía, para o que podería ter sido, foi bastante benigna..... Eu conseguín o obxectivo de rematala, xa que non a preparara especificamente e tampouco contaba coa dureza da segunda metade, e conseguín facelo amplamente por baixo das 2h 30' que me marcara coma límite, así que relativamente satisfeito, supoño que con mellor preparación e sabendo o que me agardaba na segunda metade podería ter recortado algúns minutos do tempo, xa que sofrín moito coas subidas inesperadas e ata tiven amago de "páxara" sobre o km 18. Tendo en conta que a maior parte do percorrido fíxeno en solitario, agás os 5 primeiros kms, pois o esforzo mental sumouse ó esforzo físico, así que imos dar todo por bo.

Moi contento de ter participado, e, como digo, recoméndoa para vindeiras edicións, ogallá se consolide...

Se eu puiden, ti tamén...
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
239 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mar, 21 Mai 2024, 8:39
Asunto: Re: Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (19/5/2024)

Para min o peor da primeira parte foi a calor que temín se fose manter durante toda a proba, pero afortunadamente na segunda parte refrescou, se ben a dureza seguíase mantendo por eses "repeitiños" que hai ó longo dos 10 últimos km. Menos mal que levaba o percorrido ben estudiado e compensaba costa abaixo Sorriso
En canto a tempo que me levou, saíume un ritmo similar ás miñas mellores medias, cousa que interpretei positivamente xa que o perfil non axudaba a facer unha boa marca.
En canto á quilometraxe, levaba os km das indicacións mallados co que me ía indicando o reloxo (ainda que sexa unha parvada, pareceume mellor para a cabeza a conta atrás dos carteliños de "quedan" x km), salvo nun km, que non recordo exactamente (o de "quedan 8 km, quizais?"), que tiña un bo mordisco e chegou como 300 ou 400 metros antes do agardado.
En calquera caso, quedoume bo sabor de boca, así que se coincide ben en vindeiros anos, un das rías altas que repetirá Sorriso
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1929 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Mar, 21 Mai 2024, 21:01
Asunto: Re: Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (19/5/2024)

Muy buena carrera, tanto por paisajes como por organización.
La segunda parte del recorrido de la media maratón, que coincide con el todo el del 10k, dura, pero también la más animada del recorrido.
Para el año, si puedo, vuelvo.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
Mariana87

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/24
0 Carreiras
1 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Mai 2024, 16:08
Asunto: Re: Media Maratón Entre Rías, O Grove-Sanxenxo (19/5/2024)

A miña primeira Media, e espero que para o ano volvan a repetir, percorrido fermoso, duro na segunda parte para quen non este acostumado a adestrar con desniveis. Moita xentiña animando durante o percorrido, sobre todo en Portonovo. A organizaciòn un 10, sò faltou que a distancia fose homologada como din o resto de usuarios. Se o ano que ben nos coincide ben en data e a repiten iremos de novo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos