Lun, 19 Xul 2010, 17:36
Asunto: Re: Tour de Francia 2010
Non sei que me parece máis lamentable deste Tour de Francia, que Cancellara obligue a parar a un pelotón negociando e empleando malas artes para esperar a Andy Schleck en Spa, que Andy Schleck se poña a facer o idiota subindo un puerto detrás de A.C. ou que A.C. se poña lider de forma tan "deportiva". Ah si!! que Contador nos tome o pelo a tódolos espectadores dicindo que non viu o que lle pasa a Andy.
A.C. primeiro di que o día de Spa parou pq él non quería gañar así a carreira, aproveitando a caída de Andy... que a él tamén lle gustaría que o fixeran con él. Uns dirán que é tonto, outros que é moi deportivo... ao día seguinte tivo a resposta nos tramos de pavé cando Cancellera se quedou a esperalo (na línea de meta). Onte Andy Schleck adopta unha das actitudes máis extrañas e prepotentes que recordo, polo menos dende que Amstrong lle saia aos ataques a Simeoni ao principio das etapas cando quería pillar as fugas por acusalo de dopaxe. E hoxe Contador aproveita que a Andy se lle sae a cadea para atacar e sacar vantaxe. Algúns dirán que non é un comportamento deportivo, outros que fixo ben que foi unha circunstancia de carreira, outros que lle está ben a Andy e os entendidos comentaristas de TVE que pagamos todos, que Andy é moi burro e non sabe cambiar... para nada valorar que puido ser mala sorte... dende o meu punto de vista non fixo mal aínda que queda feo eso de poñerse a tirar como un poseso cando ves q o teu máximo rival tivo un problema externo e que te vistes de amarillo aproveitandote do incidente de Andy para conseguir o que non conseguiches no asfalto. Seguramente gañe o Tour por unha diferencia maior que os 39" de hoxe, pero como non sexa así.... bufff.
Pero o que me parece indignante é que se plante diante da cámara con esa sonrisa de bobo que pon e diga que non se enterou de nada, que él ía por diante cando lle pasou eso a Andy e que non se enterou de que se lle saltara a cadea. Pode ser que o vira pero cando pasou ao seu lado mirou para él e atacou como un poseso, ben viu q algo lle pasaba na bici a Schleck. E ademais levan os dichosos pinganillos precisamente para eso, para informalos de circunstancias de carreira, será que esta vez tamén se lle estropeou como o día de Mende... menuda gracia lle faría a Vino que fallara xusto nese momento.
A.C. vai gañar o Tour aínda que se lle nota menos explosivo que o ano pasado, será que esta cansado aínda do día do pavé e facer máis de 30 kms co problema na roda... e o que ten arrastrar a roda durante 30 kms por un terreo tan duro, que gastan mnoitas forzas. Perdón polo tostón.
www.24gramos.blogspot.com