Dom, 28 Set 2014, 20:36
Asunto: Re: I Media maratón O Grove- Cambados (28/09/14)
A min me gusto moito máis do que esperaba.
Felicitar a organización, pois e complicado organizar isto.
Se me fixo menos dura do esperado tamén, aínda que as subidas que ten non son tontiñas, sobre todo a de Dena, e iso despois da ponte de Castrelo tamén estorba un pouquiño.
Pra mín 8 de 10 a carreira.
Puntos a favor:
- Bolsa do corredor, cos regalos, camisetas, o viño..
- Recorrido fantástico de vista (a lanzada unha pasada, e a chegada a cambados tamén, pasando por onde se corre a milla)
- Animación da xente en todo o percorrido
- Todo o tráfico cortado, nin un so coche.
- Os voluntarios moi ben, moitísimo.
- Avituallamento perfecto, cada 5km, e no 10 unha fruta bebible ou un plátano.
- Correr o lado de Manuel Rosales, o que corrín exactamente o seu lado durante un rato (un pracer poder velo correndo así de ben, a un gran gañador de maratóns)
- Fisioterapeutas o finalizar (eu non os usei, pero ahí estaban)
- Servizo de guardería en ambas localidades. Non sabía moi ben para que era o principio, pero moi útil o final, cos cativos entretidos esperando, xogando e pintando..
- Seguramente mil cousas máis..... que se me olvidadn
Puntos a mellorar
- Saída autobuses (fatal por o menos o das 9, aínda que as rapazas non tivesen culpa e so cumprisen ordes. Non estou de acordo con "Xakola", pois moita xente non lee este foro, e non sabía nada dos horarios, pensaban que eran lanzadeiras como na VigBay)
- O chegar o servizo de gardaroupa (non pode ser que estes 15-20 min esperando para dar a roupa, pois non quentas... eu case non o fixen)
- Se debería haber retrasado un pouco a carreira por este último punto, autobuses tarde, xente entregando roupa a última hora e sen quentar...
- Se había anunciado por as redes sociais, que ía haber café expreso na saída, e nanai de nanai, e u non levei cartos e me quedei sen poder tomar café (que estaba patrocidao), pois ninguén sabía nada. Incluso o director técnico da carreira.
[Edito/engado o da lebre] - A bici lebre dos 4'00' non foi a ese ritmo, pois e u a sobre pasei a 1.2km da meta, e resulta que cando chego, vexo que vou a 4:09'' (Non me gustou nada)
- Na saída das duchas de Cambados do pabillón do pombal, entregaron iougures, pero estaban quentes (non sei canto tempo levarían sen refrixerio), pero a min me fixeron dano.
As críticas son constructivas, pois por a miña parte é unha carreira que non vai faltar nunca no meu calendario.
Felicidades organización.
Grazas volutarios e axudantes....
Grazas amigos corredores, esta carreira ten pinta de establecerse moi ben no calendario.
Última edición por sanmikel o Dom, 28 Set 2014, 20:51; editado 1 vez