Foros ›
Autor
Mensaxe
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Xov, 24 Set 2009, 23:16
Asunto: Re: carreira de meaño

Hola Santa.

Por suposto que nos interesa saber o que pensan os corredores e que nos digades os fallos que temos (que desgraciadamente son moitos). De feito, en anos anteriores pregunteino abertamete.
Quero disculparme se a miña contestación che parceu saída de tono. Desde logo quizáis non debera contestar na semana tra-la carreira, xa que aídna estamos "esgotados" mentalmente, e igual malinterpretamos as cousas.

En calquera caso, o que dis agora é diferente. Efectivamente dóuselle un ticket ós rapaces. E cando digo rapaces refírome ós que corren o circuíto (de 5 anos en diante). Ós de 3 anos (os casos que ti me comentas) entendemos que non necesitan o refresco (categoría chupetes, de carácter non competitivo, que fan uns 150 m escasos), xa que o seu percorrido é puramente testimonial. Outra cousa é que ós rapaces lles faga máis ilusión tomar unha cocacola que unha auga. Polo demais levaron unha medalla.
No que sí che dou totalmente a razón, e sonróxome de non estar ó tanto delo, é en que non se lle dera a peza de froita ós nenos. É algo que non levei eu persoalmente, e sinceramente me deixaches de pedra. Desde logo se o ano que ven sego na carreira é algo do que persoalmente me encargarei de que se corrixa.

Gracias polas túas críticas. Para nós sempre son benvidas e sempre as tratamos de correxir (sempre que o presuposto e a nosa capacidade de traballo nolo permita).

Reitero as miñas disculpas polo tono da miña resposta.

Saúdos.

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos