Dom, 20 Abr 2008, 18:48
Asunto: Re: Carrera/andaina/mountain bike en Montederramo
A cronica que fai Alfredo e moi boa, o cal non poderia ser doutro xeito vindo dun tipo tan estupendo coma el.
Pola miña parte a carreira foi dunha dureza extrema non por o perfil, que sendo unha carreira de montaña e normal que haxa que subir e baixar fortes pendentes, si non pola climatoloxía, pero coma di Alfredo no momento que ias correndo entre piñeiros e todo coberto pola neve, era algo poetico o sofrimento e a loita contra un mesmo nese momento fundiase ca propia natureza. A chegada a meta era un sentimento primario de rematar a carreira seguido, seguido de satisfación pero automaticamente añoranza de voltar estar ala arriba no medio dos piñeiros e da neve.
Como decía Victor, o gañador da proba, ali estabamos os mais frikis do atletismo, pero eu creo que en verdade estabamos os que disfrutamos da verdadeira expresión que e poñer un pe diante do outro sen poder parar de facer ese xesto ata chegar a meta. Pois dos que estabamos ali, retiraronse moitos ciclistas e moitos andaris, pero corredores ningun. A maoria de corredores que estabamos ali coñecemonos, e non recordo que ningun deles abandonase unha carreira nos derradeiros anos i esta non ia ser a exceción.