Xov, 14 Mai 2009, 23:43
Asunto: Re: II Carrera Popular "San Paio" A Estrada 28 de Junio
este es el reglamento aunque no lo cuelgo aún en el calendario porque en estos días puede modificarse minimamente algún punto:
II CARREIRA POPULAR “SAN PAIO” A ESTRADA,
Celebrarase o Domingo 28 de Xuño de 2009 a partir das 17:30 horas enmarcada dentro da programación das festas patronais, con saída e chegada na Avd. de Vigo.
1. REGULAMENTO XERAL
Probas: Celebraranse 4 probas con percorridos e horarios diferentes según as categorías:
- PROBAS RAPACES:
Proba HORA CATEGORÍAS (masculinas e femininas) Distancia
1ª 17:30
Pitufos: Nados/as no 2004 e posteriores.
80 metros.
2º 17:40 h
Prebenxamíns: nados entre 2002 e 2003
Benxamíns: nados entre 2000 e 2001
520 metros.
3º 17:50
Alevín: nados entre 1998 e 1999
800 metros
5º 18:00H
Infantil: nados entre 1996 e 1997
Cadete: nados entre 1994 e 1995
2900 metros
PROBA ABSOLUTA (Puntuable para o Circuito Correrengalicia.org )
4ª 18:30 H
Distancia 6900m: Saída/chegada na Avd. de Vigo.
Categorías absoluta HOMES
Xuvenil: nados entre 1992 e 1993
Junior, nados no 1990-91
Promesa, nados entre 1987 e 1989
Sénior, nados entre 1986 e 1989
Veteranos 1, de 35 a 45 anos de idade
Veteranos 2, de 46 a 55 anos de idade
Veteranos 3, de 56 anos de idade ou máis
Categorías absoluta MULLERES
Xuvenil: nadas entre 1992 e 1993
Junior, nadas no 1990-91
Promesa, nadas entre 1987 e 1989
Sénior, nadas entre 1986 e 1989
Veteranas 1, de 35 a 55 anos de idade
Veteranas 2, de 56 anos de idade ou máis
CONTROL CON CHIP: A proba absoluta estará controlada ao longo do percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor e que deberá colocarse antes da saída . Os corredores teñen a OBRIGA de devolve-lo ó finaliza-la carreira AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO. Este Chip, finalizada a proba, non ten ningunha utilidade.
• TODA-LAS PROBAS estarán controladas ao longo do percorrido por persoal da organización
• Todo corredor/a que non entre en líña de meta co dorsal ben visible NO PEITO para a sua identificación, cometa algunha irregularidade, ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado/a.
-Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados por kilómetro.
-A organización contará coa colaboración de Pol. Local e Protección, que regularán o tráfico ó longo do percorrido e disporán una ambulancia na meta para atender a todo aquel que o precise.
-Vestuarios e duchas: habilitaranse 2 pavillóns; Pavillón Coto Ferreiro (so para homes) e Pavillón Multiusos (para homes e mulleres) que se atopan na zona deportiva, a cal estará sinalizada no pobo para que vos sexa fácil atopalo, procuraremos que estes pavillóns estén abertos ata polo menos as 21:00 para que aqueles que o desexen podan asearse e quedar para a gran festa debido as festas patronais.
RESULTADOS
www.correrengalicia.org e na prensa local
INSCRICIONS
- DATOS OBRIGATORIOS: NOME, APELIDOS, DATA NACEMENTO, SEXO, LOCALIDADE, CLUBE (se o ten)
- PRAZO: Ata o Sábado 27 de Xuño ás 15:00 horas.
- LUGAR:
www.cronotec.es (próximamente)
A través do email popaestrada @ aestrada.com
Concello de A Estrada de 9:00 a 14:00
Piscinas climatizas de la academia apartir de las 9:00 hasta las 23:00
Tes’d’todo (Avd.de Santiago nº57)
A INSCRIPCIÓN É GRATUITA
Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscripción deberedes dirixirvos ó teléfono: 610907752 de 12:00 a 20:00 Calqueira dúbida relacionada coa organización da proba: POPAESTRADA @ AESTRADA.COM
Non se admitirán inscripcións fora de prazo, sen os datos obrigatorios, nin o día da proba.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o día da proba no punto habilitado xunto a saída para tal efecto ata 20 min antes do inicio da proba absoluta
TROFEOS, PREMIOS E AGASALLOS:
Camisetas conmemorativas e agasallos ata fin de existencias no momento da chegada a meta
PROBAS ESCOLARES:
-Trofeos aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
PROBA ABSOLUTA
- TROFEO aos 3 primeros/as de cada categoría establecida por idade e sexo.
PREMIOS ESPECIAIS
- 1º/ª Corredor/a local: Trofeo
- Trofeo Clube mais numeroso (colexio/clube con mais corredores inscritos que finalizasen a proba),
- Trofeo Pitufo (corredor/a menor idade),
- Veterán (corredor maior idade) e Veterana (corredora maior idade)
- ENTREGA DE PREMIOS: Poderase exixir o DNI se a organización o solicitase ó recolle-lo premio.
A entrega de premios será ó finaliza-la derradeira proba e co debido tempo de descanso (20:00 h aproximadamente) na meta. En caso de mal tempo realizarase no Pavillón Coto Ferreiro informando oportunamente con antelación.
- A Organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
- Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todo-los participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase según o criterio técnico da mesma, sendo as suas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento.