Mar, 21 Abr 2009, 16:05
Asunto: Re: MARATON POPULAR MADRID
Ola rapaces:
Eu xa corrin o MAPOMA con chuvia un ano e fixen a segunda mellor marca das 5 veces que o corrín. Pensar que chuvia en Madrid significa algo diferente a Galicia. "normalmente " non é demasiado forte e parécese mais ó orballo. Aquel ano todo o mundo se queixaba do tempo pero eu disfrutei e gañou un galego "Jota".
En canto ós meus adestramentos finais, decirvos que nas últimas dúas semanas non puiden facer moito. A semana pasada o Lúns 15 Qm., o Sábado 1h 5m por Ferrol (con moi malas sensacións) e o Domingo "voando" como hai 4 ou 5 anos na Carreira de Carballo.
Esta semana: onte descanso, hoxe a punto de sair rodar cómodo uns 15 Qm. e mañán unha hora (aprox.) e a descansar.
En canto á dieta: levo tres meses facendo unha dieta chamada "da Zona" controlada por un nutricionista especializado en deporte que leva a xente de fondo e cúns resultados mais que positivos. Na semana previa á competición, hoxe e mañán toca baixar un pouco a cantidade nas comidas principais e non beber nada ou case nada de auga e adestrar bén. O fin é descargar "as baterías". E o Xoves, Venres e Sábado aumentar a inxesta tanto de hidratos, proteinas e grasas e tomar un suplemento de proteinas en cápsulas de aceite de peixe (omega 3 e 6) (supercompesación de proteinas) e beber entre 3 e 4 litros de auga no día(cargar a tope as baterías).
Non tomo pasta habitualmente e tampouco o fago nesta semana. Os hidrratos son os que el chama favorables (algunha froitas e verduras).
Isto que vos conto xa o probei na pre-Vig-Bay e na Vig-Bay e non sei si grazas ou non a isto as dúas veces fun de menos a mais remtando moi forte na parte final da carreira e con sensación de poder seguir correndo mais.
En Madrid xa veremos o que pasa ???
...do que se trata e de volver gozar dunha proba moi especial para mín e si imos bén ....rebaixar a miña marca de 3h 28m
Vémonos en Madrid
Saúdos para todos e perdoade a paliza do texto. E que estaba tirado na casa e.....