 
             
          
             Lun, 12 Xan 2009, 18:56
          
          
            Lun, 12 Xan 2009, 18:56            
            Asunto: Ciclo Andainas 2009 - Ribeira
          
          
          Boas tardes.
Como vedes mando adxunto o cartel correspondente ó CICLO DE ANDAINAS 2009 do programa PONTE A ANDAR organizado pola Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira.
Nel xa figura toda a información relativa ás datas os puntos de saida e os horarios de saida e chegada, así coma a distancia.
Este ciclo ven sendo unha continuación do anterior que rematou en Decembro con moi boa acollida por parte dos participantes, e con satisfacción por parte dos organizadores por eso buscamos darlle continuidade.
A primeira das andainas é o vindeiro domingo 18 de xaneiro, e sairase da explanada do pavillón deportivo de Coroso (Polideportivo Santa Uxía), subirase pola Carballa, para chegar ó monte de San Alberte, e voltar de novo ata o pavillón. Evidentemente pasaremos pola Pedra das Cabras, e pola ermita de San Alberte. A distancia é moi similar ás anteriores (uns 12 km.) que consideramos completarase nunhas 2 horas.
Prégase traer calzado e roupa apropiada a actividade é a climatoloxía, e tamén puntualidade.
Moitas gracias.          
                    
                
          
                  
          
          
            
              |  cartelciclosandainas2009.jpg | 
            
              | Descrición: | CARTEL CICLOS ANDAINAS 2009 | 
                        
              | Nome do arquivo: | cartelciclosandainas2009.jpg | 
                        
            
              | Descargado: | 1500 veces |