Dom, 09 Nov 2008, 20:23
Asunto: Re: XXIX Carreira Popular de Negreira
Hoxe estou moi contento. Por primeira vez na miña vida fixen un dez mil en menos de 40 minutos. Xa sei que é un logro modesto, pero en fin, espero que me disculpedes este pequeno "post" de autohomenaxe.
O meu tempo 39 minutos e 47 segundos.
O día "D" era a carreira do San Martiño, pero logreino cunha semana de antelación.
O primeiro quilómetro paseino en 4:05. Pensei que non iba ter o día.
No quilómetro dous pasei en 7:30 aproveitando un pouco de baixada. Pensei que ao mellor sí sería posible.
No quilómetro tres e catro ia bastante forzado, empecei a desanimarme e a ter pensamentos negativos (qué maula son, pásame todo dios, etc.), pero decidín aguantar e manter o ritmo.
No quilómetro 5 sentirme algo máis cómodo.
No quilómetro 6 pasei en 24 minutos xustos e pensei que aínda era posible rematar en menos de 40 minutos.
No quilómetro 7 levaba 27 minutos e 58 segundos e aumentaron as miñas esperanzas.
No quilómetro 8 pasei en 31 minutos 20 segundos gracias a un tramo en lixeira baixada, e decidín morrer si fose preciso porque rematar en menos de coarenta minutos estaba claramente a tiro.
Había alí un tramo de subida que afrontei con decisión. Cheguei ao alto e alonguei a zancada todo o que puiden. Entrei nunha recta en baixada que se me fixo longuísima.
Vin a meta, mirei o crono, e a cousa ía xusta. Apretei nos últimos metros e… ¡obxetivo cumprido!
www.dezarutas.wordpress.com
Última edición por efervescente o Dom, 09 Nov 2008, 21:45; editado 1 vez