Mar, 10 Xuñ 2008, 20:25
Asunto: Re: Subida Rocas-Eirado + Andaina 2008
Afiador escribió: |
...na páxina do concello van a colgar unha amplia reportaxe fotográfica tanto da andaina como da carreira e o que se vexa juapo/a e queira a sua foto que non se corte en pedila que vola envian por mail....... |
Xa era o único que nos faltaba por ver!!!!!
Impresionante carreira, impresionante paisaxe e impresionante paisanaxe!!
Sólo un par de detalles: insignificantes, nimios, que cando os leades comodamentes instalados nos vosos fogares ou na oficina, consideraredes irrelevantes. Para min non o son!!
Cheguei á meta cando xa case todo o mundo estaba por alí. Mollado a pingar, coa néboa nos osos, tiritando...Entrei na carpa e vin a
Anxinho e Castinheiras. Estounos saudando cando me tocan por detrás nun brazo. Doume a volta. Unha moza estame extendendo unha bolsa plástica. "A túa roupa". Non tuven nin que pedila. A bolsa ten o meu número de dorsal. Sóubome a gloria.
Cando vou para as duchas na piscina, unha cinta atravesa a estrada para que non pasen os coches. Vou canso, medio arrastrando os pes. Non me apetece saltar a cinta así que me dispoño a dar un rodeo. Un mozo da organización levanta a cinta para que nin en eso teña que molestarme: "non, non...vente por aquí...alí arriba tes as duchas..."
Xa sei: son tonterías...pero para min esas e outras moitas "tonterías" son as que farán que a edición do 2009 ("estou desexando que chegue a edición de 2008" (Bubela dixit)
) quede sinalada na axenda.
PD: O único que sinto foi non poder seguir as indicacións de
Afiador de Pardeconde (mira por donde agora xa sei de donde sale o famoso tema musical!!
) que antes da saída nos avisara que non baixásemos sen dar unha volta á caseta onde estaba a meta, porque as vistas eran impresionantes! Mágoa da néboa...Para o ano!!