Foros ›
Autor
Mensaxe
xpab

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/10/11
0 Carreiras
380 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Xov, 01 Out 2026, 10:02
Asunto: MM e 10k Bilbao Night

Nun par de semanas (17 Outubro) celébrase esta carreira. En sábado, 7 da tarde, e aparentemente chá, parece que se presta a intentar marca Disimulando .

Un servidor está anotado. Alguén que a correse? Opinións? Pensando

Graciñas!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
544 Carreiras
3956 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 10 Out 2026, 16:12
Asunto: Re: MM e 10k Bilbao Night

Eu non a corrín, pero vin varios videos en youtube da mesma o ano pasado e creo recordar que é chanciña, problema ainda que creo que hai saidas escalonadas, que saen xuntos os do 10 e a media. Sendo 27000 inscritos entre as 2 .

No 1º video tes o percorrido en 3D.

www.youtube.com/watch?v=KmWg84VKJlQ
www.youtube.com/watch?v=9ugqqrnHKvM
www.youtube.com/watch?v=DmztHJpU3YY

Saudos, moita sorte e xa contarás.
xpab

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/10/11
0 Carreiras
380 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mar, 13 Out 2026, 7:58
Asunto: Re: MM e 10k Bilbao Night

Graciñas, Kurty!

Nun dos vídeos falan de máis de 300 m de desnivel... De todos xeitos, eu xa non ía ir por marca, que finalmente encadrareina como parte da preparación para a maratón de Valencia. De todos xeitos, espero poder facer un bo tempo (cando menos para min Sorriso ).
Xa contarei!
xb74

Maratoniano
Maratoniano
18/01/13
50 Carreiras
401 Mensaxes
Melide
Respostar citando Envío Mar, 13 Out 2026, 11:39
Asunto: Re: MM e 10k Bilbao Night

Eu corrina varias veces, e este ano repito. Sales de San Mamés e acabas no Guggenheim, ambientazo criminal, unha pasada. Coinciden a media mais a pirata (10K). É bastante llana, vas por os dous lados da ría, pegado a mesma, ao final pouco desnivel hai. O problema podelo ter ca xente, hai tantisima que ata o km 3/4 non das pillado o teu ritmo (unha vez cruzas a ponte cara Deusto).

O último tuercebotas/ Ad Cerne
xpab

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/10/11
0 Carreiras
380 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mar, 20 Out 2026, 11:22
Asunto: Re: MM e 10k Bilbao Night

Boas,
quedara de contar un pouco sobre esta proba...
No aspecto deportivo, non a considero dura, pero tampouco é a mellor para ir por marca. Ten o suficiente desnivel como para romper o ritmo puntualmente. Persoalmente fun máis tranquilo a primeira parte (para "ensaiar" para a maratón de Valencia) e goceino moito, puidendo disfrutar moito máis ca nunha media normal o ambiente (estou con xb74, ambientazo), o traxecto e, neste caso, o clima, que era ideal.
En canto á organización, xente... pois todo xenial, só lle poría un par de pegas, que é que é un pouco caótico o dos caixóns dependendo por onde te metas (recomendaría miralo ben antes da carreira; eu e outro compañeiro tivemos que atravesar uns cantos centos de persoas para chegar ós nosos caixóns...), e que ó final hai que ter claro onde está o roupeiro, porque non está indicado (cando menos eu non o vin), e é un pouco lío (lioso en xeral para quedar despois da carreira para verse, como en todas as grandes). Eu cheguei gracias a que me acoplei a dous corredores que tamén o andaban a buscar. Tamén hai que dicir que hai que meterse por diante nos caixóns se non se quere ir taponado unha boa chea de quilometros (sobre todo do 3º caixón para atrás).
En resume, que non descarto repetila, pero xa co par de leccións aprendidas que comentei no anterior parágrafo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos