Mar, 22 Set 2026, 6:08
Asunto: XVI CARREIRA PINGAPINGA. SÁBADO, 10 OUT. INSCRICIÓN ABERTA!
XVI PINGA-PINGA (sábado, 10 OUTUBRO 2026): Proba do
calendario oficial da Federación Galega Atletismo
Continuando co obxectivo de seguir dinamizando o deporte na nosa
comarca, o Club Deportivo Pinarium convoca a 16ª edición da Carreira
Pinga-Pinga que terá saída e chegada no Campo de futbol da Parroquia de
San Tomé de Piñeiro.
REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.
NORMATIVA:
I) A saída darase no campo de futbol de Santomé "Chan de Piñeiro", ao
igual ca chegada. No campo de futbol o acceso estará controlado por
auxiliares da organización para o bo desenrolo do programa de actividades.
II) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a
organización e os xuices da competición.
III) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais
competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha
obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.
IV) Será obrigatoria a utilización do dorsal en todas as categorías da
carreira. O chip de cronometraxe ofrecido pola organización irá nos dorsais
das carreiras sub14-sub16 ata a carreira absoluta, para facilitar o control
dos tempos destas carreiras que transcurren polo circuito do exterior do
campo de fútbol.
V) Cada participante que se inscribe nesta carreira pon de manifesto e
asume a responsabilidade de ter un estado físico apto para completar a
proba sen que poda afectar a súa saúde.
VI) A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións
autonómicas rexirase de acordo co disposto no artigo. do "Reglamento para
las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en
carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre”. De ser necesario
consulten a organización para completar a información desta normativa.
VII) Reclamacións: deberán ser feitas nun prazo máximo de 30 minutos
desde a publicación dos resultados oficiais.
VIII) Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos:
non realizar todo o circuíto da carreira, recibir axuda externa ou de motor
para completar o percorrido, non levar o dorsal visible para os xuices ou
manipulalo ou falsificar datos persoais.
IX) Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
Competición da FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como todo
o regulamentado por instancias superiores.
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación ou nas RRSS
relacionadas coa carreira.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de
Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente
que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación,
ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking
popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de
Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos
de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 -
15008 A Coruña.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con
servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde media hora
antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os
servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico
durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes
que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou desantendimento das leis, da normativa da competición,
etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao
lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender
e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou
en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación
no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da
inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
2.- HORARIOS E LUGAR (Horarios estimados que poden sufrir algunha
variación. Recoméndase acudir con tempo suficiente)
Data: sábado, 10 de outubro de 2026
Lugar: Campo de fútbol San Tomé de Piñeiro (Marín)
X ANDAINA, distancia 8 kms aprox. (DESDE A IDADE DE 6 ANOS)
ANTES DA CARREIRA DE MAIORES: HORA DA ANDAINA AS
16:00H.
CATEGORÍAS
CATEGORÍAS DE MENORES:
PITUFOS (nados 2019-2020) HORA: 16:45 (DISTANCIA 200m)
CHUPETES (nados 2021-22-23…) HORA: 16:50 (DISTANCIA 100m)
AS DE PITUFOS E CHUPETES SON CARREIRAS NON COMPETITIVAS
BENXAMÍNS (SUB 10):
Hora: 16:05 (nenas)/ (nenos)
Benxamíns = nados 2017 e 2018
Percorrido: 500 mts aprox.
ALEVÍNS (SUB 12):
Hora: 16:15 (nenas)/ (nenos)
Idade: Alevíns = nados 2015 e 2016
Percorrido: 750 mts aprox.
INFANTIS (SUB14)
CADETES (SUB 16), esta categorías teñen 1 € de inscrición polo chip
de cronometraxe do circuito exterior
Hora: 16:25 (horario aproximado)
Idades: Sub14- Nados 2013 e 2014
Sub16- Nados 2011 e 2012
Percorrido: 2.000 m aprox. – unha volta pequena de circuito.
MAIORES (CATEGORÍA ADULTOS):
Hora: 17:00h.
Percorrido: 7.500m – tres voltas.
Idade: desde nados en 2010
Categoría Promesa: que agrupa desde Sub18 a sub20, son os nad@s de
2007 a 2010
Sub23 e senior: nados ano 2006 e anteriores (ata os 34 anos)
Masterillo: De 35 a 44 anos
Veteranillo: De 45 a 54 anos
Super veterán: Desde 55 anos xa cumpridos
3.- INSCRICIÓNS, En
www.carreirasgalegas.com:
ANDAINA: 2 € Para os participantes con 14 anos e con máis idade. Idade
mínima para inscribir na andaina 6 anos (será gratuita para os máis cativos)
Carreiras CATEGORÍA DE MENORES: Gratuita (excepto os que
corren en circuito exterior, que teñen cuota de inscrición de 1 € e levarán
chip de cronometraxe e terán clasificación para estas categorías de intantís
e cadetes)
Todas as Inscricións na web
www.carreirasgalegas.com
MAIORES: Na web
www.carreirasgalegas.com será a pasarela de
inscricións, dorsais-chips e resultados da Categoría Adultos. AS
INSCRIPCIÓNS poderánse levar a cabo ATA 7 OUTUBRO as 23:59h.
A inscrición individual dos adultos serán 7€ (1 € de cada inscrición
individual será A FAVOR DA AECC- Asociación Española contra o
Cancro)
4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de
Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1
Volta pequena)
PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de
Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de
San Tomé.(3 Voltas).
5.- PREMIOS: ENTREGA PREMIOS.
MENORES: @s 3 primeirs clasificad@s de cada categoría recibirán un
trofeo (na categoría de pitufos e chupetes tod@s os participantes terán a súa
medalla conmemorativa)
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E
FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3 primeiros
da categoría absoluta. Os 3 primeiros da absoluta levarán o premio da
Absoluta (os trofeos non son acumulativos).
Hai Premio para o primeiro e a primeira atleta residente en Marín en
completar a proba absoluta: un lote de productos comestibles, por
cortesía de Distribuidora Alimentaria do Morrazo.
Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios:
ABSOLUTA MASCULINO
1º - 150 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo
ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 150 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo
Os premios se ingresarán por transferencia do clube organizador no prazo
de 10 días (premios en concepto de gastos de desprazamento e estancia)
Nota: A organización non lle permitirá a participación na carreira si
algún atleta ten algunha sanción por dopaxe en vigor.
Hai Novidades para esta edición. Haberá premio para os primeiros
equipos de relevos:
1º equipo de relevos masculino, 1º equipo de relevos feminino e 1º
equipo de relevos mixto (no equipo mixto un integrante ten que ser de
distinto sexo que os seus compañeiros)
Cada relevista da unha volta ao circuito tradicional da PingaPinga e
entregará o testigo ao compañeiro na zona habilitada xunto o reloxo de
meta. A cuota de inscrición para a proba de relevos é de 5 € cada
integrante. Nesta proba poderán tomar parte desde os nacidos no 2011
e logo das categorías de maiores.
Simultánea coa proba absoluta tamén haberá categoría inclusiva (%
discapacidade superior a 33% que deberán reflexalo na inscrición e
poderán facer unha volta do percorrido tradicional.
OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN
ACREDITAR A SÚA IDENTIDADE
6.- AGASALLOS
Para os 100 primeiros inscritos da proba absoluta haberá agasallo
conmemorativo da PINGAPINGA. Os participantes disporán dun
avituallamento completo ao rematar a proba no campo de futbol.
Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM, O CONCELLO DE MARÍN,
en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro,
Banco Mediolanum e os imprescindibles colaboradores habituais.