Mar, 30 Xuñ 2026, 13:12
Asunto: Aplicación «C2K — Do sofá ao 5K e 10K»

vale, as que por aquí andades (corredes) seguramente xa tedes o vicio

e non precisades disto, pero seguro que tedes amizades que algunha vez vos dixeron «jó, quien pudiera correr como tu», «quién me diera», ... pero que por temores infundados ou porque non se fían de ti cando lle dis que «es muy fácil y cualquiera puede hacerlo», pois nunca deron o primeiro paso.
Que aproveiten o verán, comparte con elas esta aplicación.
Para axudarlles existe desde hai anos un programa de
nove semanas para persoas que non realizan ningunha actividade e queren (ou pretenden) correr 5 quilómetros ao seu ritmo, sen parar. Parece fácil se xa o fixeches, pero non o é e por tanto incluso antes de comezar o programa sería recomendable un par de semaniñas camiñando con regularidade, usando os tenis e a roupa que usarán para correr, informándose, etc.
Instala desde f-droid:
f-droid.org/gl/package...rapps.c2k/
ou (alternativa)
Instala con Obtanium:
github.com/AnalogGhost/c2k/releases
dispoñible en galego/castellano/english. Se alguén non sabe como instalar programas libres (en calquera android) que visite desde o móbil a páxina web
f-droid.org/ e prema no botón de descarga para instalar o repositorio, onde atopará esta (e centos de outras) aplicación. Tamén se pode instalar desde a tenda de aplicacións de gugle.
Se non te fías de f-droid pois usa Obtanium.
Aplicación libre e respetuosa coas persoas
A aplicación «C2K - do sofá ao 5k» pretende ser un acompañamento, coas seguintes características:
Prepárate con C2K, unha aplicación para Android libre e de código aberto que te acompaña desde o nivel máis básico ata completar 5K ou 10K — non precisa os servizos de Google,
non te rastrexa, e non ten publicidade.
Características:
• Do sofá ao 5K (C25K) — programa de 9 semanas, 3 adestramentos por semana
• Do sofá ao 10K (C210K) — programa de 14 semanas
• Anuncios por voz — "Comeza a correr", "Camiña durante 90 segundos", avisos de conta atrás
• Temporizador en segundo plano — funciona coa pantalla apagada
• Rexistro con GPS (optativo) — grava a distancia e ritmo; funciona igualmente sen GPS
• Seguimento do progreso — lembra os días e semanas que xa completaches
• Funciona sen conexión á rede — non precisa acceso a internet
• Non precisa os Google Play Services — compatible con GrapheneOS e dispositivos «desgooglizados»
Permisos:
• FOREGROUND_SERVICE — mantén o temporizador cando a pantalla está apagada
• WAKE_LOCK — evita que a CPU durma durante os adestramentos
• ACCESS_FINE_LOCATION — GPS optativo para seguimento da distancia/ritmo (podes omitir isto)
• POST_NOTIFICATIONS — notificacións do adestramento con controis para pausa/deter
C2K é software libre publicado con licenza GNU General Public License v3.
Do sofá a un 5K
en palabras:
xmgz.eu/2020/sofa-a-5k.html
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"
|
image_2026-06-27_07-56-09_resized.jpg
|
|
Descrición:
|
outra captura de pantalla |
| Visto: |
135 veces |
|
|
image_2026-06-27_07-56-09 (1)_resized.jpg
|
|
Descrición:
|
captura de pantalla da aplicación |
| Visto: |
135 veces |
|