Mér, 27 Mai 2026, 20:40
Asunto: Re: XLVIII MEDIO MARATON SABIÑANIGO (24/05)
Imos ca crónica desta carreira. O sábado cheguei a Sabiñanigo antes das carreiras infantis e como facía moita calor , decidín sentarme a velas, gran animación nas categorías inferiores. Cando remataron xa fun recoller o dorsal´.
O domingo ainda que a saida era as 9h. xa facía moita calor, así que xa non quentei nada.
Situeime atrás de todos, eramos realmente moi pero que moi poucos.
O percorrido a 2 voltas con bastante desnivel con varías idas e vidas e con moi pouco atractivo, xa que unha gran parte vai por un polígono, ainda que tamén imos pola rua principal desta localidade a Rua Serrablo.
Eu todos os Kms. a un ritmo de 5' mais ou menos, pero a partir do 7, xa noto que non vou fino, pero a partir do 13 o baixón de ritmo é monumental.
Obxetivo rematala. Un sol abrasador que nos ia fundindo rapidamente, marcando do 18 ó 20 a unha media de 5'30", o 21 como tiña baixada fixeno en 5'16", pero a recta de meta que era en subida fixoxeme eterna.
Ademáis ó ser tan poucos corredores a 2ª volta foi case en solitario, xa que no 10 k, remataron 91, pero na media tan só 71.
Unha magoa que teña tan poucos participantes, porque a proba está moi ben organizada, un detalle enorme a de avituallamentos que tivemos, sendo ademáis a maioría deles con auga/isotónica e esponxas.
E o remate auga, isotónicas,coca cola e froita en abundancia.
Huesca tachada no mapa, só me faltan 8 provincias peninsulares, Tenerife e Ceuta. Agardo poder facer unha a finais de Outubro ou primeiros de Novembro.