Foros ›
II Carreira Pedestre A Baña (03/05/2026)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Pepemanba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/16
150 Carreiras
95 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Abr 2026, 17:59
Asunto: II Carreira Pedestre A Baña (03/05/2026)

Este ano terá lugar a segunda edición da carreira popular da Baña, que volve formar parte do Circuíto de Carreiras Populares da Deputación de Coruña. A data cadra co día da nai, pero sendo a saída do 5k ás 10.00h e a dos 10k ás 11.00h, seguro que da tempo a todo para que non sexa da zona e teña compromisos familiares Guiño

Inscricións e regulamento en www.carreirasgalegas.c...a/qjyNNXlK

Como figura no regulamento, o percorrido cambia en comparación co do ano pasado. As subidas e as baixadas son inevitables como na maioría dos nosos percorridos populares, pero polo menos non toca sufrir polas costas de Vesía e de Fampousa. Nesta ocasión hai ata catro xiros, para que sexa máis 'levadeiro' e ter máis pasos polo ambiente que se vive na praza da saída.

Aquí tedes en Wikiloc o percorrido e perfil de desnivel: www.wikiloc.com/runnin...-257446383

313 concellos por (per)correr - instagram.com/correndogalicia

Última edición por Pepemanba o Xov, 16 Abr 2026, 6:07; editado 1 vez
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
530 Carreiras
3915 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Abr 2026, 19:27
Asunto: Re: II Carreira Pedestre A Baña (03/05/2025)

A min botame para atrás a dureza do percorrido, o ano pasado foron varios compañeiros do clube e dixeron que as costas eran unha tolemia.
Agora se modificaron algo a dureza será cuestión de valorar de ir. Con que carreira a podes comparar para facerme unha idea?
Graciñas.
Pepemanba

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/05/16
150 Carreiras
95 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 15 Abr 2026, 8:01
Asunto: Re: II Carreira Pedestre A Baña (03/05/2025)

Pois mira, non sabería dicir unha carreira exacta, pero creo que é un pouco do estilo do circuito de Correndo pola Costa da Morte (sen chegar o exemplo esaxerado da de Fisterra), ou do estilo da Clásica de Negreira ata o cambio de percorrido do ano pasado.

Van ser dúas voltas a un percorrido de 5 quilómetros. Sobre os tramos de ida e volta con xiro, é un pouco progresivo: a primeira recta é a máis asumible, a segunda xa ten unha baixada máis acusada (que hai que subir tralo xiro), o terceiro tramo ten a pendente máis inclinada no treito final e no cuarto é máis chanchiño.

Non é un percorrido chanciño (o desnivel acumulado é de aprox +150m), pero non ten que ver coa dureza da costa de Vesía nin as de Fampousa do ano pasado, algo máis levadeiro resulta!
luisfeito

Foreiro infantil
Foreiro infantil
5/11/12
10 Carreiras
92 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 16 Abr 2026, 14:59
Asunto: Re: II Carreira Pedestre A Baña (03/05/2026)

Cambiaron o circuíto este ano.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
530 Carreiras
3915 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Abr 2026, 20:17
Asunto: Re: II Carreira Pedestre A Baña (03/05/2026)

Pois inscrito xunto con 2 compañeiros de clube, a ver que tal se nos dan esas costiñas.
pietropuki

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
31/01/09
580 Carreiras
1685 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Mai 2026, 17:29
Asunto: Re: II Carreira Pedestre A Baña (03/05/2026)

Carreira totalmente rompepernas a da Baña. Antes da saída vendo por onde ían os conos xa se intuía, pero non facía calor e íase levando.

A miña carreira controlando dende a saída pra ir de menos a máis, e rematar cas mellores sensacións posibles dentro do que se pode correr, craro.

Xa coñecía doutras veces este núcleo poboacional pero encantado de correr por alí, un dos cada vez menos concellos de Galicia nos que todavía non correra.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos