Mér, 29 Abr 2026, 9:24
Asunto: III Trail de montaña Concello de San Sadurniño
O municipio de San Sadurniño acollerá a celebración dunha nova edición do Trail de Montaña, o vindeiro domingo 14 de Xuño a partir das 9.00 horas, o cal contará con tres percorridos, un trail longo de 28 quilómetros, un trail medio de 24,3 quilómetros e un trail curto de 12,2 quilómetros, con saída e meta en A Cortiña.
Data: 14 de xuño de 2026
Hora de saída: 9:00h
Retirada de dorsais: O mesmo día ata 8:15h no CPI de San Sadurniño
Idades: Maiores de 15 anos
Lugar : Finca A Cortiña
N.º de prazas: 250 (por orde de inscrición)
Prezo: 14 euros o trail e 18 euros o xantar para participantes e acompañantes.
Prazo de inscrición. Remata o 8 de xuño ás 24:00 horas (non se realizarán inscricións o mesmo día da proba).
O XANTAR PARA PARTICIPANTES E ACOMPAÑANTES TERÁ UN PREZO DE 15 EUROS DE 12 ANOS EN ADIANTE. PODES PEDIR O TEU TICKET CANDO CUBRAS A INSCRICIÓN
RETIRADA DE DORSAIS.
•A retirada de dorsais realizarase o mesmo día ata 8:15 horas no CPI de San Sadurniño.
•Para retirar o dorsal será imprescindible presentar o DNI.