Mar, 14 Abr 2026, 19:44
Asunto: Re: XXV Vig-Bay 12/04/2026
Pois rematada unha nova edición desta gran media, na que a climatoloxía foi ideal para correr. Espectacular o ambiente en Samil previo a saida.
Eu moi contento ca miña participación, fun de menos a máis, rematando en 1h37'50", o mellor tempo das 5 medias que levo corridas este ano.
Unha organización top, das mellores a nivel nacional, eu agardo ir correr sempre que poida .
Só lle atopo 2 defectos, o acceso os caixóns, non hai ningún control situándose a xente onde lle peta, sen respetar a senalización, que é moi mellorable. A min tampouco é algo que me afecte en demasía, xa que hoxe por hoxe corro por disfrute.
O outro é o transporte de volta para a saida, debería haber buses diferentes para ir a Nigrán ou Samil, o ano pasado tivemos que ir ata Nigrán por 2 persoas e este foi por 4.