Foros ›
XII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO - 29/03/26
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Cocama

Novo foreiro
Novo foreiro
19/10/15
0 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Feb 2026, 14:07
Asunto: XII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO - 29/03/26

REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro (Oroso). A saída e chegada de cada
proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a
cada categoría estará debidamente sinalizado. As probas de 10 km e 5 km (Campionato
Galego) estarán homologadas pola Real Federación Española de Atletismo e, polo
tanto, pasarán a formar parte do ranking galego e nacional da distancia.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.
Para participar no Campionato Xunta de Galicia de 5 Km en Ruta deberán estar en posesión da licencia
federativa en vigor. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo.
3.- As INSCRICIÓNS das probas populares (10 km e escolares) realizaranse a través da páxina
web www.carreirasgalegas.com con data límite o mércores 25 de marzo de 2026 ás
23:59 horas.
A INSCRICIÓN DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE 5 KM EN RUTA poderá
facerse a través da web atletismorfea.es/user/...n-registro , web exclusiva
para clubs federados.
PREZOS DA INSCRICIÓN PROBAS POPULARES
CATEGORIAS ESCOLARES (de sub-6 ata sub-18 incluídos): GRATUITA
(Excepto os Sub 18 que decidan participar na proba absoluta dentro da categoría Sub 23).
PROBA ABSOLUTA: 7 € por participante
O pago da inscrición realizarase pola pasarela de pago da páxina web
www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán
poñerse en contacto co teléfono 981 291 683 ou no coreo:
info @ carreirasgalegas.com. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin
se admitirán inscricións o día da carreira.
4.- Os dorsais poderanse recoller nas oficinas do Centro Deportivo Municipal o sábado 28 de
marzo de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00 horas (opción recomendable especialmente para
participantes locais). O día da proba (29 de marzo) os dorsais recolleranse na Cafetería da
Piscina, na Rúa Camiño Inglés. Haberá un prazo límite de 30 minutos antes de cada proba
correspondente.
5.- CATEGORÍAS E HORARIOS
- O Campionato Xunta de Galicia de 5 KM en Ruta estará exclusivamente dirixido a
atletas das categorías Sub 18, Sub 20, Sub 23, Absoluto e Máster con licencia federativa
en vigor.
- Os atletas Sub-18 poderán elixir participar tamén na proba popular de 10 km (dentro da
categoría Sub-23) ou na categoría ESCOLAR. Só porderán participar nunha das dúas
probas.
- Os atletas Sub-20 competirán na proba popular de 10 km dentro da categoría Sub-23.
- As categorías Sub-6 e Sub-8 non serán competitivas, polo tanto non haberá
clasificacións para estas idades e todos/as recibirán un agasallo. ABSOLUTA
CATEGORÍA IDADE HORA DISTANCIA LIMITE
Sub23 Nados/as entre 2004 e 2010 10:00 10 km
homologados 75’
Senior Nados/as entre 1991 e 2003 10:00 10 km
homologados 75’
Máster 1 Nados/as entre 1980 e 1990 10:00 10 km
homologados 75’
Máster 2 Nados/as entre 1970 e 1979 10:00 10 km
homologados 75’
Máster 3 Nados/as en 1969 e anteriores 10:00 10 km
homologados 75’
De Sub 18 a Máster
5 KM
11:30 5 km
homologados
CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA
DE 5 KM EN RUTA
ESCOLARES
Sub-10 Nados/as entre 2017-2018 12:15 1.000 m aprox. -
Sub-12 Nados/as entre 2015-2016 12:15 1.000 m aprox. -
Sub-14 Nados/as entre 2013-2014 12:30 2.000 m aprox. -
Sub-16 Nados/as entre 2011-2012 12:45 3.000 m aprox. -
Sub-18 Nados/as entre 2009-2010 12:45 3.000 m aprox. -
Sub-8 Nados/as entre 2019-2020 13:00 300 m aprox. -
Sub-6 Nados 2021 e posteriores 13.10 300 m aprox. -
ENTREGAS DE PREMIOS
As entregas de premios faranse a carón da Piscina Municipal nos seguintes horarios:
- 12:15 horas: Entrega de premios da Carreira Popular de 10 K e Campionato Xunta de Galicia 5 K.
- 13:15 horas: Entrega de premios das categorías escolares.
6.- TROFEOS E MEDALLAS
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecidas no presente
regulamento, masculino e feminino e tamén os tres primeiros absolutos masculino e femenino
da proba de 10 km en ruta.
Os premios non serán acumulativos (agás os premios a atletas locais), de xeito que ningún
corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
Medallas para todos los participantes das categorías escolares dende sub-6 ata sub-18.
Para o Campionato Xunta de Galicia de 5 km en Ruta outorgaranse medallas ás diferentes
categrías de competición segundo a circular publicada na web www.atletismo.gal .
7.- PREMIOS ESPECIALES PROBA POPULAR DE 10 KM EN RUTA
PREMIOS CLUBS FEDERADOS ( PROBA ABSOLUTA )
1º Club federado 200 €
2º Club federado 150 €
3º Club federado 100 €
MEDALLAS PARA ESCOLARES
PREMIOS INDIVIDUAIS EMPADROADOS/AS EN OROSO (PROBA ABSOLUTA 10 K)
VALES PARA CANXEAR EN “TENDA DE DEPORTES EQUIPAT”
1º Clasificado Oroso: VALE 100€ 1º Clasificada Oroso: VALE 100€
2º Clasificado Oroso: VALE 75€ 2º Clasificada Oroso: VALE 75€
3º Clasificado Oroso: VALE 50€ 3º Clasificada Oroso: VALE 50€
PREMIO CLUB MAIS NUMEROSO ( CONTAN TODAS AS PROBAS )
“ PREMIO ESPECIAL “
Para optar aos premios de clubs federados terán que entrar un mínimo de 6
participantes en meta, que serán os que puntúan por orde de chegada, (os equipos
deberán ser mixtos ou dun mismo sexo).
Os pagos dos premios en metálico serán xestionados a través da Federación Galega
de Atletismo.
8.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
9.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da
súa proba.
10.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa
idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
11.- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportiva e popular,
admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por
parte de todos/as os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais
formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos
despois da publicación dos resultados.
12.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función do número de participantes de cada categoría.
13.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da
RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
14.- Haberá servicio de roupeiro para os corredores que o precisen.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos